Lista Reprodución Fórum: a Revolución Musical

Na Biblioteca Fórum estamos revolucionados. E é con motivo do centenario da Revolución Rusa temos un ciclo temático adicado a este feito clave. Por iso, na lista deste mes reunimos algúns artistas e temas clave na historia da música.

Comezamos con Ray Charles, o rey da música soul tal e como a coñecemos. No cantante, saxofonista e pianista de Georgia, converxían de forma natural a música sagrada e profana. A súa carreira está plagada de grandes éxitos, como I Got a Woman, Hit the Road Jack ou Mess Around. Deixámosvos con Georgia on My Mind, o tema de 1930 escrito por Hoagy Carmichael e Stuart Gorrell, que popularizou Ray Charles, e foi adoptado como himno polo Estado que o viu nacer.

Considerada unha das voces máis importantes da historia do jazz, Amy Winehouse renovou o panorama musical co seu particular timbre de voz. O memorable tema You Know I’m No Good foi incluído no seu segundo e último álbum de estudio Back to Black (2006), que obtivo un Brit Award e 5 Grammys, convertíndoa na primeira artista birtánica en obtelos nunha mesma edición.

Como non podía ser doutro xeito, nesta lista temos que facer referencia á Movida. Época na que xurdiron Gabinete Caligari, Mecano, Nacha Pop ou Radio Futura, entre outros, convertidos hoxe en grupos de culto.

Pese aos cambios na súa formación orixinal, Radio Futura foi precursor do rock latino, e é considerato un dos grupos rock máis importantes na historia da nosa música por encadear sucesivos éxitos na década dos 80. Versionada polo grupo infantil Bom Bom Chip e posteriormente por Rosario Flores, Corazón de tiza (1990) foi criticada pola súa falta de orixinalidade. Sen embargo, foi un dos seus últimos éxitos antes da disolución, trala que os seus integrantes fundamentáis (Santiago e Luis Auserón e Enrique Sierra) continuaron a súa carreira en solitario.

E se incluimos á Movida , non podemos esquecer o movento musical aparecido en Galicia a principios dos anos 90, o bravú. Ese rock rural con letras combativas e un sentido do humor orientado ao rural, no que destacaron agrupacións como Heredeiros da Crus, Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Resentidos ou Yellow Pixoliñas.

O grupo de Monforte de Lemos  lanzou en 1996 o seu derradeiro disco, Non pises a herba!, do que destacamos Addy stripped, no que como en moitos dos seus temas, mesturan galego e inglés.

A continuación vos deixamos a Lista de Reprodución ao completo. Para levar os álbums dos traballos seleccionados lembrade pasar pola Biblioteca Fórum. E se queredes información sobre as actividades ou botarlle un ollo ás guías do noso ciclo temático 100 anos da Revolución Rusa, tédelas aquí.

Amy Winehouse – You Know I’m No Good. Aretha Franklin – Think. Bob Dylan – Like a Rolling Stone. Celtas Cortos – Cuéntame un cuento. Chuck Berry – Maybellene. David Bowie – RebelRebel. Elvis Presley – Jailhouse Rock. Eurythmics – Sweet Dreams (Are Made of These). Gabinete Caligari – Camino Soria. Gloria Gaynor – I Will Survive. Jefferson Airplane – White Rabbit. John Lennon – Imagine. Lady Gaga – Poker face. Marvin Gaye – What’s Going On. Nacha Pop – La chica de ayer. Mecano – El 7 de septiembre. Os Resentidos – Galicia cannibal (fai un sol de carallo). Pink Floyd – Comfortable Numb. Queen – Bohemian Rhapsody. Radio Futura  –Corazón de tiza. Ray Charles – Georgia On My Mind. The Doors – Light My Fire. The Rolling Stones – (I Can´t Get No) Satisfaction. The Velvet Underground & Nico – Heroin. The Who – Baba O’Riley. Yellow Pixoliñas – Addy Stripped.

Advertisements

O sabor da carne sen castrar

Fai pouco máis dunha semana que os Heredeiros da Crus comezaron unha xira que os levará a percorrer dez localidades galegas. Vigo, O Barco de Valdeorras, Boiro, Lugo, Ferrol, Ourense, Carballo, Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela son os lugares escollidos para a “Volta aos Jaliñeiros” que desenvolverase durante os meses de novembro, decembro e xaneiro con aforos próximos ás 200 persoas. Os Heredeiros queren levar o espírito da banda de volta aos foros que os veron crecer: apostan polas distancias curtas como acicate desta xira. Será unha boa oportunidade para disfrutalos na súa formación básica (Fran Velo, baixo; Manu Rey, batería; Tucho Novo, guitarra; Tonhito de Poi, guitarra; Javi Maneiro, voz) e de escoitar temas que se recuperarán para esta andaina.

heredeiros-da-crus-pentavox-galicia-gira-2015

Heredeiros nace en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, “A Cuadrilla de Pepa a Loba”, un álbum que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como “Quero josar” ou “O fillo de José”.  Só un par de anos despois editarían o segundo disco, “Está que te cajas!!”,  con temas emblemáticos como “O teu fillo fuma porros”, a melancólica “A chaqueta de lana” ou “Frenaso no calsonsillo”’, unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.

Logo virían “Criatura” (1997), “Des minutos” (1997), “Erecsiones Munisipales” (1999), “All right Chicago” (2000)… Proxectos cos que conseguen manter un gran nivel de vendas, saír a tocar no estranxeiro e permitirse maneiras de mainstream (íscalle lura, my friend).

Foron un dos diversos grupos que a principios dos noventa formaron parte dun movemento musical que resultou ser todo un fenómeno social en Galicia: o rock bravú. Os grupos comezaron a ser moi coñecidos grazas á visibilidade que lles ofrecía na “telegaita” o programa Xabarín Club, estreado en 1994, desde unha televisión pública por entonces máis entusiasta e moito máis interesada que agora nos contidos xuvenís e en potenciar o rock en galego.

A colección de videoclips con karaoke que produzo o Xabarín converteuse na banda sonora da merenda de toda unha xeración de rapaces e rapazas galegos: cancións de grupos consagrados como Siniestro Total, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou Aerolíneas Federales; emerxentes como Blood Filloas, Yellow Pixoliñas ou os  propios Heredeiros, e tamén bandas procedentes do mundo lusófono. Referentes da movida viguesa, rock bravú, indie, punk… todos eles mesturados e ben axitados para o deleite da infancia galega.

Imposible esquecerse de temas como “Qué jallo é!”, “Estou na lavadora”, “Non todo é o que parece” ou a mítica “Oda ao futbolín”, por citar algunhas. Fixeron máis polo noso galego que a EXB ou calquera campaña de normalización lingüística.

Máis de 20 anos deste movemento basado en grupos que facían (e, por sorte, algúns seguen a facer) rock en galego e que procedían maioritariamente de pobos moi alonxados dos centros de producción musical. Excepto Os Diplomáticos de Monte Alto, as bandas viñan de pobos de toda a xeografía galega: O Caimán do Río Tea de Ponteareas, Os Impresentables de Vimianzo, os Skornabois de Lourenzá, os Rastreros de Chantada… Un rock rural, da Galicia profunda, que falaba de vivencias cotiás cun tono cómico e irónico. Unha manifestación do orgullo pola nosa cultura con sonido bravío e sen aditivos.

Xavier Valiño chegou a definilo no seu libro “A paixón que queima o peito” como un “rock sen capar, que xurdiu cando as guitarras chegaron ás aldeas”. (¿Que sería de nós sen elas?)

Se tras ler estas liñas se te antolla un revival bravú, recorda que nas Bibliotecas Municipais temos unha selección de títulos só apta para nostálxicos. Velaí algúns deles:

  • Apocalipse con Grelos. Madrid: Energy Alternative, 1998.
  • Rock Bravú : A Paixón que queima o peito. Xavier Valiño. Vigo : Xerais, 1999.
  • Unión bravú. Vigo: Edicións do Cumio, 1996.
  • Selección xa! Bravú: denantes mortos que goleados. Vigo: Cormorán Produccións, 1997.
  • ¡¡Non pises a herba!! Yellow Pixoliñas. Lugo: Sons Galiza, 1996.
  • Feito na casa. O Caimán do Río Tea. Lugo: Sons Galicia, 1995.
  • Jard Rock Con Fe. Heredeiros da Crus. Betanzos: Airapro Producións, 2013.
  • Arroutada pangalaica. Os Diplomáticos de Monte Alto. Madrid : Dro, 1991.

montaje copy