Quen somos

Bibliosons é un blog das Bibliotecas Municipais da Coruña centrado na difusión da cultura musical desde a atención á súa diversidade e cunha intención fundamentalmente divulgativa. Nas nosas Bibliotecas contamos cun amplio fondo musical que queremos dar a coñecer. Ao tempo, o blog é un espazo de relación coa escena musical da cidade e tamén un escaparate para toda a creación musical coruñesa e galega.

Música entre libros

Dentro do blog teñen unha visiblidade singular o programa Os xoves da Sagrada –ciclo de concertos organizado e desenvolvido con éxito desde hai anos pola Biblioteca Municipal da Sagrada Familia- e o fondo musical local da Biblioteca de Estudos Locais, centrado na recollida de maquetas e traballos discográficos das bandas e artistas da Coruña.

Os tres trebóns e Xurxo Souto en Os Xoves na Sagrada

Os tres trebóns e Xurxo Souto en Os Xoves na Sagrada

As Bibliotecas Municipais da Coruña son centros públicos de información e promoción lectora que contribúen á igualdade de oportunidades e prestan os seus servizos aos habitantes da Coruña. Proporcionan apoio á educación formal non universitaria, recompilan, conservan e difunden o patrimonio bibliográfico local e facilitan o acceso á información nos soportes tradicionais e mediante as tecnoloxías da información e a comunicación. Son lugares de encontro onde se lle dá prioridade á atención individualizada e cordial ao usuario, a innovación en servizos e instalacións e a colaboración con escolas, familias e outras organizacións e colectivos con obxectivos similares.

Onde estamos

Deixar un comentario