Lista Reprodución Fórum: artistas galegos nos premios MIN

O pasado mes de abril entregaronse nunha gala celebrada en Zaragoza,os premios da industria da música independente española  PREMIOS MIN 2024. Unha gala na que a música galega estivo moi presente demostrando o bo estado do que goza.

Un dos grandes protagonistas foi o proxecto Baiuca que acadou tres galardóns polo EP ‘Diamante / La Mare’ coa cantante ilicitana Alba Reche no que fusiona electrónica e folclore galego. Fíxose cos premios ‘Radio 3 á Canción do ano’, ‘Premio SAE Spain á Mellor Produción Musical’ e o de ‘Mellor Gravación Electrónica. 

Diamante

 Na categoría de Mellor disco en Lingua galega o galardón foi para o proxecto Grande Amore polo seu disco “II” (Ernie Producciones). O formato trío de Nuno Pico, con quen falamos no blog en anteriores ocasións, impúxose aos seus compañeiros de nominación Boyanka Kostova, Caamaño & Ameixeiras, Fillas de Cassandra e Ortiga.

 Fillas de Cassandra e Caaamaño & Ameixeiras, tamén eran finalistas a Mellor Álbum de Música de Raíz, galardón que finalmente recaeu na cantautora canaria Valeria Castro por Con cariño y con cuidado quen conseguiu facerse tamén co premio a Mellor Artista Emerxente. Neste caso compartía nominación coa banda de indie e garaxe de Muros, The Rapants.

Fillas de Cassandra interpretan o seu tema ‘Eco’ no ‘Xente Marabillosa’

Na gala puidose desfrutar dos directos de Fillas de Cassandra que interpretaron a súa reinvindicativa IV. Eco e o coruñés Xoel López Fort Da quen marchou para a casa co premio ao Mellor Álbum de Pop polo seu último disco Caldo Espírito.

A Lista de Reprodución Fórum está composta por artistas gañadores, nominados e finalistas aos PREMIOS MIN 2024. Tedes coma sempre os discos disponibles para levar en préstamo na Biblioteca Fórum e podedes botarlle unha escoita a través da nosa canle de spotify.

Lista Reprodución Fórum: artistas galegos nos PREMIOS MIN en spotify

Zahara –  Puta, Morgan – Air, Xoel López – Caldo Espírito, Ginebras – Ya dormiré cuando me muera, Tanxugueiras –  Diluvio, Bala – Maleza, Ángelus Apatrida – The call, Christina Rosenvinge –  Un hombre rubio, Triángulo de Amor Bizarro –  Victoria Mística – Belako – Sigo regando, Muchachito Bombo Infierno –   Idas y vueltas, Nacho Vegas –  La zona sucia, PJ Harvey –  White Chalk, Juno –    _BCN747, Arizona Baby – Secret Fires, Budiño – Fulgor, Diana Navarro – Camino Verde, Escuchando Elefantes – ¿Por qué siempre  cantáis en inglés?, Joe Crepúsculo – Chill out, Soleá Morente – Lo que te falta

Deixar un comentario