Nina Zilli, moito máis que soul en italiano

Nina_Zilli_1

R & B, reggae, soul, Motown, rocksteady, … Nina Zilli, a sensación da música italiana dos últimos anos, bebe de Nina Simone, The Supremes, Alton Ellis ou Amy Winehouse, mais non queda en copia, en mímese vulgar e oportunista. Zilli pasa todas as súas influencias evidentes polo tamiz da súa querencia pola música italiana dos 60 e impregna as súas cancións -que ela mesma compón e produce- con xeitos de ragazza de festival de San Remo. O resultado é suxerente e fresco: aprécianse as súas tatuaxes punk-reggae, latexando no fondo como pouso querido e nutrício, mais transmite e vístese nas formas con maneiras de estrela clásica da canción.

Con tres discos unicamente, o seu nome comeza a traspasar as fronteiras de Italia, con ouvintes seducid@s polas reminiscencias que a achegan a Mina ou Adriano Celentano, nuns casos, e a Phillys Dillon ou Skatalites, noutros. En calquera caso,  a súa aposta musical, a súa voz e a súa presenza escénica -medida e consciente- semella que están para, cando menos, seren bastante máis que unha moda ocasional ao calor dun revival pasaxeiro.

Se queres saber máis dela, tes un par de reportaxes aquí e aquí.

E lembrade que nas nosas bibliotecas podedes atopar da súa discografía: “Sempre lontano

Sempre lontano de Nina Zilli

Sempre lontano [Grabación sonora] / Nina Zilli. — [s.l.] : Universal Music Italia, p 2010

Unha opinión sobre “Nina Zilli, moito máis que soul en italiano

Deixar un comentario