Mulleres coraxe: Lista de Reproducción Forum Marzo 2014

Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais de A Coruña adicamos este ano ó Día Internacional da Muller, queremos destacar ás nosas mulleres coraxe dentro da música.

Ao igual que a música evolucionou, a muller foise desenvolvendo dentro desta arte con grandes dificultades e rompendo importantes brechas marcadas polas diferencias de xénero prevalecentes dende moi atrás, e que afortunadamente forense superando. Pouco a pouco, e coma en case tódolos ámbitos, e con moitos esforzos a muller adquiriu unha respetable posición na sociedade musical. Aportou a súa creatividade e o seu talento en diferentes estilos musicais ata chegar sen darse apenas conta a ser líderes de bandas de rock ou a convertirse en conocidísmas instrumentistas por exemplo.

A lista de mulleres destacadas dentro da música seria moi longa asi que na Lista de Reproducción da Biblioteca Forum Metropolitano tan só deixamos unha pequena escolma que abrangue diversos xéneros musicais e diferentes épocas.

maria calas

Destacamos na ópera a gran Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Ademáis combinaba unha impecable técnica do bel canto con un gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Cecilia Bartoli, unha mezzosoprano coloratura italiana cantante de óperas e recitais. Bartoli fíxose mundialmente coñecida moi nova, contando con menos de vinte anos.

A gran voz do século XX está encarnada baixo a figura de Nina Simone, coñecida co sobrenome de “High Priestess of Soul” (Gran Sacerdotisa do Soul), quen dende o berce estivo vinculada á música, os 4 anos tocaba o pianoa e aos 10 presentou o seu primeiro recital, asi como destacou na loita polos dereitos civís. Pero a historia da música soul cambiou para sempre con Aretha Franklin apodada como «Lady Soul» ou «Queen of soul» («A Dama do Soul» ou «A Raíña do Soul»), é para algúns unha das artistas máis influíntes na música contemporánea, e chegou a acadar o número un dos 100 cantantes máis grandes de tódolos tempos da revista Rolling Stone. Sen esquecer que no 1987, Franklin converteuse na primeira muller en entrar no Rock and Roll Hall of Fame.2

E do soul a unha das mellores voces do jazz femenino, Ella Fitzgeral, alcumada Lady Ella e The First Lady of Song (A primeira dama da canción). Pianista e cantante de jazz, ainda que posterior é tamén Diana Krall quen gravou con algúns dos mellares músicos do mundo e encabeza un movemento de xoves e fermosas divas.

patti-smith-horses-lpMención especial merece a definida como a madriña do punk, Patti Smith que inventou unha nova definición do feminino: nas súas cancións, na súa poesía, proxectouse como lesbiana, andróxina, home, mártir, Deus-Muller. En 1975 e coa colaboración de John Cale, Patti Smith gravou o seu primeiro disco, Horses, un disco cuxa portada a constituía unha foto feita por Mapplethorpe, na que Smith non era nin home nin muller.

Con Patti Smith comparte década Roberta Joan Anderson coñecida artísticamente como Joni Mitchell que se chegou a converter nunha das cantantes e compositoras máis respetadas de finais do século XX. Ainda que Mitchell é tamén unha exitosa artista plástica; as portadas de case tódolos seus albumes foron creadas por ela mesma.

Máis contemporáneas son féminas como Adele, Lana del Rey ou a xa tristemente desaparecida Amy Winehouse por citar algunha. Pero non queremos rematar a nosa lista sen deixarlle un oco destacado ás grandes da nosa terra como son as Leilía que neste ano 2014 cumprirán 25 anos; a carismática Mercedes Peón ou Marful coa gran Ugia Pedreira quen dí dela mesma “ Non son proletaria da música, nin unha guerreira, nin unha funcionaria. Quizás a súa discípula”

Son só exemplos de mulleres na música, de mulleres coraxe que nesta ocasión quixemos destacar a modo de exemplo pero non esquezades que hai máis, moitas máis… aquí vos deixamos a nosa Lista de Reproducción de Marzo completa:

Adele – Adele 21, Aid – RapoemasRosalía de Castro, Os ollos que falan: once cantares galegos, Amy Winehouse – Back to black, Anni B. Sweet – Oh, Monsters!, Aretha Franklin – Amazing grace, BeBe -Y.,  Björk Homogenic Cat Power Jukebox, Cecilia Bartoli – Opera proibita, Chambao – Con otro aire, Chavela Vargas – ¡Por mi culpa!, Diana Krall Glad rag doll, Ella Fitzgerald Ella Fitzgerald, Fía na Roca – Vente vindo, Joni Mitchell – Dreamland, Lana del Rey – Born to die, Leilía – Consentimento, Madonna – Ray of light, Marful – Marful, Maria Callas – Divina, Mary J Blige – The breakthrough, Mercedes Peón – Isué, Nina Simone – The essential, Norah Jones – Not too late, Patti Smith – Horses, Sinéad O’Connor  – Am I not your girl?

 E lembra que se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos destas mulleres coraxe, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais. Para máis información de mulleres coraxe noutros ámbitos: cine, cómics, literatura consulta a nosa wiki de Mulleres Coraxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s