Concerto gratuito A Música da Coruña en Homenaxe a Sito Sedes

O domingo 9 de decembro, ás 20:30 h. no Teatro Colón, haberá unha Homenaxe á figura de Sito Sedes, organizada pola Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento, que contará ademáis coa participación da Orquestra Los Satélites e a Garufa Blue Devils Big Band, entre outros.

A Música da Coruña en Homenaxe a Sito Sedes

Sito Sedes -xunto co seu mestre, Pucho Boedo- é a máis alta expresión da escola da canción coruñesa. Sito Sedes é un mito da música galega. Unha voz elegante, preciosista. Para moitas xeracións, sinónimo de verdadeira emoción dende o alto do palco da festa.
Sempre quixo ser cantante. E culminou ese soño –felicidade total- na orquestra das orquestras: Os Satélites.
Criouse en Sillobre (e quéreo moito). Mais a súa forma de interpretar, a súa estética, está plenamente identificada con esta cidade.
Era ben tempo de lle entregar unha gran aperta colectiva de cariño a quen tanta beleza nos ten regalado.

O acto que leva por título “A Música da Coruña en Homenaxe a Sito Sedes” é libre e de balde. Para o acceso precísase a reitrada dos convites no Kiosco da Praza de Oursense, a partir do luns, 3 de decembro, de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:30 a 13:00h e de 16:30 a 19:30 h, e tamén na taquilla do Teatro Colón, os días de función, unha hora antes do comezo dos espectáculos. Facilitarse catro entradas por persoa.