Este venres 23 de marzo as melodías de cámara inundarán de novo a Biblioteca Ágora na terceira sesión do ciclo En clave de Á. Nesta ocasión teremos a oportunidade de escoitar a Andrés Vázquez e Diego Mata, estudantes do Conservatorio Superior de Música da nosa cidade. Velaquí o programa!
Arquivo por meses: Marzo 2018
Locais de ensaio de balde na Coruña
Tes un grupo e fáltache sitio onde ensaiar? Pois atende, que o Concello da Coruña ten aberta xa a inscrición ata o 25 de marzo para solicitar os
@locaisdensaio municipais e de balde. Toda a información sobre o procedemento e a oferta no blog de Locais de ensaio.
Lista Reprodución Fórum: voces de muller II
A Lista deste mes dedicámoslla ás voces femininas. E é que co Día Internacional da Muller ao virar a esquina, que mellor que lembrar ás cantautoras, intérpretes, compositoras e instrumentistas que día a día continúan loitando por abrirse camiño no mundo da música, ou a aquelas que o fixeron no seu día.
Comezamos coa actriz, cantante e compositora rumano-nixeriana Joy Olasunmibo Ogunmakin, coñecida como Ayo (traducción yoruba de Joy). Con quince anos escribiu o seu primeiro tema, que lle axudou a lidiar coa súa traumática infancia (pasou tempadas en fogares de acollida e centros de protección de menores). O seu gusto musical foi influenciado polo seu pai, DJ a tempo parcial, que admiraba a Pink Floyd, Fela Kuti, Donny Hathaway, Jimmy Cliff ou Bob Marley.
Durante o tempo que viviu en París o seu talento musical foi descuberto polo público. Comezou a dar concertos en solitario e asinou un contrato con Polydor. No seu primeiro álbum, Joyful (2006), canta, toca a guitarra e o piano. Deste traballo, grabado en 5 días, case en directo, destacamos Life is Real.
Dende 2009 colabora con UNICEF para promover o dereito á educación dos nenos de todo o mundo.
Considerada unha das grandes voces do Rhythm & Blues, a estadounidense Etta James tampouco tivo unha vida fácil. Iniciou a súa carreira en 1954 e tivo que enfrontarse a unha serie de problemas persoais (adicións, abuso físico e ata cárcere), antes do seu retorno musical a finais dos 80.
El 1960 lanzou At Last!, o seu primeiro álbum de estudo. Incluía unha variada selección de música, como o tema que deu nome ao disco, escrito en 1941 por Mark Gordon e Harry Warren para a película musical Orchestra Wives, e que James versionou converténdoa nun dos seus grandes éxitos. Algo que tamén ocurriu con Trust in Me (1937), de Ned Wever, Milton Ager e Jean Schartz, que popularizara Mildred Bailey.
Compositora e cantante, a catalana María Rodés ten publicados traballos tanto como solista, como colaboracións noutros proxectos musicais, como Oniric, xunto a Andy Poole.
Fiel consigo mesma, fai a música que lle gusta, como os artistas que admira. Una forma de hablar, o seu primeiro traballo en solitario (2010), tivo unha boa acollida, tanto pola prensa, como polo publico, o que lle permitiu facer unha xira por todo o país. Once temas nos que escapa dos tópicos e canta, nunha linguaxe cercana e directa, sobre sensacións moi recoñecibles (o medo, o descoñecido, etc.), contando historias cotiás. Salientamos Invisible.
Cantautora e compositora, a albaceteña Rozalén con 14 anos comezou a compoñer os seus primeiros temas, dando o seu primeiro concerto con 16 anos. Coñecida polo seu compromiso social, cos seus temas defende os dereitos das minorías e os máis desfavorecidos.
A súa música está dirixida a todo o mundo sen exclusión, e é que en todos os seus concertos a acompaña Beatriz Romero, intérprete de lingua de signos e guía intérprete de persoas sordo-cegas.
Cuando el río suena… (2017) é o seu último traballo, e tamén o máis persoal, xa que conta historias propias e da súa familia. La puerta violeta é un himno contra as agresións machistas. O vídeo musical, filmado na Serra do Segura tralo incendio do pasado verán, representa o calvario dos malos tratos.
Aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo. Agardámosvos na Biblioteca Fórum, onde atoparedes os discos dos temas seleccionados.
Alba María – Cabaleira. Anni B Sweet – Motorway. Aroah – The Lonely Drunk. Ayo – Life is real. Blondie – Maria. Chavela Vargas – La llorona. Dee Dee Bridgewater – Afro Blue. Diana Ross & The Supremes – You Can´t Hurry Love. Etta James – Trust In Me. Fiona Apple – Every Single Night. Guadi Galego – Eu a vin. Hindi Zahra – Beautiful Tango. Kylie Minogue – Flower. Maria Rodés – Invisible. Mary O’Hara – Oro Mo Bhaidin. Mina – Il cielo in una stanza. NajwaJean – Crime. Norah Jones – Flipside. Rozalén – La puerta violeta Russian Red – I Hate You But I Love You.