Piwi Bizarre Tech e a demolición da paisaxe neuronal.

One man band ben podería ser o nome dun grupo de extrañas influencias bipolares e diferentes influencias cada unha cunha cara, cada unha sendo unha parte ineludible desa banda. E por ahí van os tiros en realidade, unha one man band danza na cabeza de quen compón todo e executa todo nun proxecto que ben podería ser plural mais en realidade é unha pluralidade singular.

946064_486425438096075_2122050905_n

Piwi Bizarre Tech é un proxecto personal, non vou decir one man band porque en realidade é unha one person band, o concepto de persoa entendido dun xeito máis amplo, máis trascendente, case renacentista no proceso creador. O monstro Piwi foi liberado por Alfredo Iglesias como Cthulhu por H. P. Lovecraft, deixando no seu camiño un amasixo de neuronas desconectadas, de paisaxes desolados entre o mecanicismo máis aterrador e o movemento latente máis orgánico.

Como persona e víscera tras do monstro PBT, Alfredo xa participara de proxectos do sen dúbida especial underground desta micro cidade coruñesa; Natividad, aquel grupo de sludge industrial dos primeiros noventa, Hashassin, a máquina do supergrindorita solo comparable aos mellores Brutal Truth polo final do século XX… e neste caso Piwi Bizarre Tech é un fillo bastardo de Godflesh, de sonoridades de Neurosis, e trae por veces ecos dos inicios de Pitch Shifter ou das paisaxes ambientais máis desoladoras da música marcial de Puissance. Todo esto pasado por unha proposta moi especial do selo de nova creación Bestiarie en forma de edición limitada de cassette e coa participación do artista NanVaz e a edición de material visual que late ao ritmo da música polo propio Alfredo.

Sen dúbida Piwi Bizarre Tech non é música para ouvidos non intrépidos. Honesto e brutal na súa forma, áspero ás veces polos ruidos das nosas vidas diarias, hipnótico noutras polos nosos propios biorritmos trasnformados en fluido sonoro. Mais si queredes experimentar in situ a experiencia Piwi Bizarre Tech, tedes a posibilidade de facelo mañá mesmo, xoves 29 de Agosto, se ousades claro…

PIWI BIZARRE TECH CONCIERTO

Lista de Reproducción Agosto: a Biblioteca recomenda

Comezamos unha nova sección!

Presentámosvos a “Lista de Reproducción”.

Tódolos meses compartiremos con vós unha selección de recomendacións musicais. Nesta primeira Lista, queremos abarcar distintos xéneros: dende pop/rock a flamenco, pasando por música electrónica, cantautores, jazz ou músicas do mundo. Autores tan variados como Antonio Vega, Ray Charles, Sigur Rós ou Depeche Mode teñen cabida na nosa Lista do mes de Agosto.

Lista de reproducción Agosto2013Na Biblioteca Forum Metropolitano tedes a vosa disposición unha mostra coas recomendacións musicais deste mes. Podedes levar en préstamo ata cinco discos!

A continuación compartimos a nosa lista deste mes. Escoitaredes unha canción de cada disco seleccionado. Disfrutade!

Adriana Partimpim vive a sorrir

Quando eu era cria­nça e as pes­soas me per­gun­ta­vam:
– Como é teu nome?
Eu res­pon­dia:
– Adriana Par­tim­pim…
Não sei que nome era esse mas acho que era o meu nome pró­prio. Em todo o caso meu pai nunca me cha­mou de outra coisa, e até hoje ele só me chama de “Par­tim­pim”.

BA_02_Calcanhoto-e1362075395912-635x690

Quen conta a anécdota é a cantante e compositora brasileira Adriana Calcanhoto, recoñecida hoxe como unha das máis importantes voces da MPB contemporánea.  Música, letrista, cantante, escritora, … Calcanhotto confésase “infectada polo micróbio do samba” desde que ten uso de razón e gosta de mesturar nas súas composicións elementos do tradicional e do contemporáneo, do culto e do popular, cunha capacidade evidente para tornar en cancións poemas inimaxinablemente musicables e para facer aparecer nas músicas referencias constantes a músicos, escritores, pintores e outros artistas.

O intelectual portugués Eduardo Prado Coelho referíase así a Calcanhotto e a súa música, nun artigo que sintetiza a opción estética da brasileira (“O simples mais difícil”):  Aqueles que um dia descobriram Adriana Calcanhoto poderão colocá-la do lado de um certo minimalismo afectivo-musical. As letras das canções são extremamente bem construídas, e revelam um saber ou uma intuição poéticas absolutamente surpreendentes. Nunca escolhem o discurso arqueado, o fraseado sumptuoso, a cascata verbal, na sua imponência de fogo de artifício. São a luz elementar que permite sobreviver, numa voz que vem sempre à tona de água, mas parece despertar de um sono líquido, azul, inocente e animal. Ela canta como um gato que dá voltas para encontrar esse lugar maravilhoso que é o da posição certa para se estar ao meia-dia e trinta e quatro, numa rua do Leblon, num apartamento voltado para o mar, com madeiras corroídas pelo sol e e o sal. Tem uma data, tem um lugar, tem uma hora, tem uma razão de acontecer, tem uma almofada, tem um quadrado do chão, tem uma réstea de sol, tem um estore enferrujado, tem um corpo, uma voz, um gesto sem medo: e isso basta. A beleza deste disco vem de ser capaz de nos repetir em cada canção: é só isto, mas isto basta, tudo o resto seria inútil, tão difícil ser simples, mas tão simples afinal, tão num toque da pele, tão no outro lado do pulso.

Mais Adriana Calcanhotto conta cun alter ego feliz,  Adriana Partimpim,  o nome de fantasía que adoptou, como se fose unha heroína das historias en banda deseñada, para facer os seus proxectos dedicado ás crianzas, ás nenas e nenos pequenos. Co mesmo pouso de melancolía que verniza igualmente as súas composicións para adultos, Partimpim achéganos sambas dos anos 30, can­cións de amor, ver­sións de bossa nova, nanas para adul­tos de Arnaldo Antu­nes, temas de Baden Powell…  O resultado mestura dozura, alegría, saudade, sorrisos, inocencia e ritmos varios nun show que tamén presentou ao vivo cunha posta en escena brillante e divertida.

Un poeta do combate

Pablo Hasél (1988) chamábase Pablo Rivadulla. Hai tempo deso. Pablo Hasél gostaba do rap, e segue a gostar del. E quizais que por eso é que fíxose coñecido, con 30 demos, colaboracións a esgalla e un canal de youtube no que non deixa de subir cancións inéditas, Hasél ten un repertorio que mete medo. Socialista confeso, directo nas súas letras e tratando temas personales, sociales e políticos, moi políticos, tanto que chegan a proer non só na escena rapera que o ten calificado de panfletario, mais tamén fora do mundo musical, sendo detido e investigado en 2011 por falar de temas políticos nas súas letras.

Influenciado por moitos cantautores e estilos musicales, desde a lírica de Silvio Rodríguez á agresividade do black metal no que fala nalgún tema, Pablo Hasél, en esencia, é un poeta. Ata o de agora leva escritos varios libros: Derritiendo icebergs, en solitario; e Veinte poemas de odio y dos corazones descuartizadosDos canallas a sueldo en la Habana e Con la solidaridad por bandera, xunto co poeta astorgano Aitor Cuervo. Se algo caracteriza á producción de Pablo Hasél é a súa libre difusión, podedes escoitar toda a súa música e podedes ler toda a súa obra poética na rede, sen maís dificultade que buscala.

Pero no fondo, todo este post non é para outra cousa que anunciar a visita de Pablo Hasél á Coruña este sábado 24 de Agosto, neste caso para disfrutar da súa lírica poética no bar Faluya. Bibliosons avisa…logo non nos chamedes traidorxs!

RECITAL POÉTICO PABLO HASEL

Nas bibliotecas, a música a TOCAS ti

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos concebir un mundo sen música, é por iso que temos posto en marcha o Programa Toca Tecla.

Cada quince días, en horario de 19.30 a 20.30, tendes a oportunidade de reservar o piano na Biblioteca Municipal Ágora e ser os progagonistas do voso propio concerto. Traede as vosas partituras e desfrutaredes da posibilidade de atopar un espazo onde trasladar a vosa arte.

Toca Tecla

Dicía Thelonius Monk, pianista e compositor estadounidense de jazz:

“Una nota puede ser tan pequeña como un alfiler o tan grande como el mundo, depende de tu imaginación”.

Así que deixade voar a imaxinación libremente e… ¡que soen as notas!

tocatecla1Samuel, Hugo, Gabriel, Maikol… son algúns dos artistas que se atreveron a compartir con nos a súa música:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Agora tocas ti, ¡música maestro!

Festivais de Música no Verán

FESTIVALES BLOGAínda que o verán vai camiño de tocar o seu fin, son moitas as citas musicais que temos pendentes para os vindeiros meses tanto de agosto como de setembro. Os festivais de música son os grandes eventos do verán, e sen lugar a dúbida un gran reclamo turístico para os concellos e tamén para as nosas bibliotecas.

A música xoga un papel moi importante nas Bibliotecas Municipais de A Coruña e por iso adicámoslle esta entrada presentando os festivais da nosa comunidade. 

Festival V de Valarés
O Festival V de Valarés ten como novidades nesta edición a presenza de dous escenarios SON Estrella Galicia e Seagram´s, así coma a ampliación dos horarios de concertos con sesión vermú e actividades paralelas. A cita será o sábado 17 de agosto no Espacio Natural da Praia de Valarés (Ponteceso): 24 horas de música, natureza e diversión
Cartel e horarios

Castelo Son
Herdeiros da Crus serán os cabezas de cartel da quinta edición do Festival Castelo Son que se celebrará vindeiro 23 de agosto na parroquia de Castelo, no concello de Culleredo e onde se darán cita algúns dos grupos de rock máis importantes. Os asistentes a este evento musical poderán desfrutar ademáis de zona de acampada gratuita. Cartel e horarios.

Festival Sinsal San Simón
O Festival Sinsal naceu en Vigo no ano 2003 e dende entón organizáronse máis de 30 concertos cun modelo de programación que se escapa do tradicional. A cita será o sábado 31 de agosto e o 1 de setembro e como sempre o escenario será a Illa de San Simón pero o característico desta cita musical é que o cartel non se coñecerá ata o mesmo día do festival. Cartel e horarios.

Sereas e Piratas
Músculo!, Wild Balbina, Chucho, Franc3s, Holycrab e Lagartija Dj son as bandas que se subirán nesta edición do Festival Sereas e Piratas que cada ano ten lugar la Praia de Razo, Carballo. A cita será o 31 de agosto. Esta segunda edición ten como obxetivo reunir os grupos máis underground da música galega. Ademáis dos concertos, vanse desenvolver actividades deportivas. O programa inclúe mercadillo, zona de acampada e terraza gratuita. Cartel e horarios

Festival da la Luz
O Festival de la Luz é un evento solidario, comprometido co medio rural e cunha anfitriona de excepción. Luz Casal organiza e convídanos a súa casa natal en Boimorto o 14 e 15 de setembro para desfrutar dun festival único no que se poderá escoitar a Fito & Fitipaldis, Rosendo, Carlos Nuñez o Dover; deleitarse coa gastronomía e con actividades para toda a familia, ademáis de coñecer as mellores iniciativas productivas do noso medio rural. Cartel e horarios.

Arteficial 2013 – Ribadabia
Os días 16 e 17 de setembro a cita para os seguidores da música máis vanguardista e experimental será en Ribadavia onde se reunirán persoas que a través da pulsión do rock e sin deixar de lado a melodía e o riff guitarreiro queiran desfrutar de actividades tanto gratuitas como de pago durante dous días. Cartel e horarios

Xiriapop 2013
Un ano máis, Carballo alíase coa música pop. O Festival Xiriapop ten confirmada a totalidade do se cartel para a XVI edición que se celebrará nas Sala Dublín de Carballo os vindeiros días 20 e 21 de setembro. Cartel e horarios.

Os festivais nas bibliotecas

mostra forum par blogs

A música é sinónimo de liberdade no ForumA Biblioteca do Fórum Metropolitano conta cunha selección de música na que se fai un percorrido polos carteis dos festivais de verán máis importantes. Poderanse levar en préstamo cds dos grupos e dvds de concertos en vivo. Galería fotográfica da mostra “A música é sinónimo de liberdade”

Mostra Festival Noroeste Pop-Rock na Sagrada FamiliaCon motivo da celebración do Festival Noroeste Pop-Rock a nosa Biblioteca Municipal da Sagrada Familia adícalle un espazo a este evento musical que se celebrou os días 9 e 10 agosto na praia de Riazor. Ofrece unha selección musical facendo un percorrido polos grupos que formaron parte dos carteis do Festival en todos estes anos. Galería fotográfica da mostra

Nas Bibliotecas Municipais contamos con un amplo fondo musical que abranque todos os xéneros do que podedes desfrutar.

catálogo

Nina Zilli, moito máis que soul en italiano

Nina_Zilli_1

R & B, reggae, soul, Motown, rocksteady, … Nina Zilli, a sensación da música italiana dos últimos anos, bebe de Nina Simone, The Supremes, Alton Ellis ou Amy Winehouse, mais non queda en copia, en mímese vulgar e oportunista. Zilli pasa todas as súas influencias evidentes polo tamiz da súa querencia pola música italiana dos 60 e impregna as súas cancións -que ela mesma compón e produce- con xeitos de ragazza de festival de San Remo. O resultado é suxerente e fresco: aprécianse as súas tatuaxes punk-reggae, latexando no fondo como pouso querido e nutrício, mais transmite e vístese nas formas con maneiras de estrela clásica da canción.

Con tres discos unicamente, o seu nome comeza a traspasar as fronteiras de Italia, con ouvintes seducid@s polas reminiscencias que a achegan a Mina ou Adriano Celentano, nuns casos, e a Phillys Dillon ou Skatalites, noutros. En calquera caso,  a súa aposta musical, a súa voz e a súa presenza escénica -medida e consciente- semella que están para, cando menos, seren bastante máis que unha moda ocasional ao calor dun revival pasaxeiro.

Se queres saber máis dela, tes un par de reportaxes aquí e aquí.

E lembrade que nas nosas bibliotecas podedes atopar da súa discografía: “Sempre lontano

Sempre lontano de Nina Zilli

Sempre lontano [Grabación sonora] / Nina Zilli. — [s.l.] : Universal Music Italia, p 2010

Noroeste Pop-Rock (1986-2013)

Unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas de María Pita é sempre o Festival Noroeste Pop-Rock. Así, o ven facendo dende a primeira edición que se celebrou en 1986. Dende xa  hai algúns anos, a praia de Riazor é o lugar onde se dan cita milleiros de persoas para ter a cita músical máis rockeira do ano.

A música tamén xoga un papel moi importante nas Bibliotecas Municipais de A Coruña. En todas elas contamos con un amplo fondo musical que abranque todos os xéneros, entre os que se atopa o Pop-Rock Nacional e o Internacional.

mostras 048Con motivo da celebración do Festival Noroeste Pop-Rock  a nosa  Biblioteca Municipal da Sagrada Familia adícalle un espazo a este evento musical  que se celebrará os días 9 e 10 agosto na praia de Riazor.  Ofrece unha selección musical facendo un percorrido polos grupos que formaron parte dos carteis do Festival en todos estes anos.  Galería fotográfica da mostra

O cartel deste ano  contará coa presenza  como cabeza de cartel do grupo de rock inglés de Suede, seguidos de Los Enemigos Kiko Veneno. Asímesmo, a música local tamén estará presente tamén no Noroeste coa representación dos grupos gañadores do concurso de teloneiros do Festival. Os gañadores foron os grupos: Sabdios, Younger Boys, e Moondogs Blues Party  de A Coruña e os santiagueses Doctor Gringo

CARTEL E HORARIOS    mostras 045

  • Día 9 de agosto de 2013
  • 21.30 horas: Sabdios (A Coruña)
  • 22.15 horas: Younger Boys (A Coruña)
  • 23:00 horas: SUEDE
  • Día 10 de agosto de 2013
  • 20.30 horas. Doctor Gringo (Santiago de Compostela)
  • 21.15 horas. Moondogs Blues Party (A Coruña)
  • 22:00 horas: KIKO VENENO
  • 23:15 horas: LOS ENEMIGOS

Máis información: Facebook Noroeste Pop Rock   Twitter  @Noroeste_Pop_R

Recordámosvos que podedes visitar tanto a Biblioteca da Sagrada Familia como as outras Bibliotecas Municipais para levar en préstamos os discos e cd dos grupos que durante este anos pasaron polo Festival Noroeste Pop Rock. Consulta a disponibilidade dos materiais no noso catálogo

O fenómeno El Náutico

Co verán achéganse a calor, os días longos, a manga curta, as ganas de praia e chiringuito que nos faga desfrutar dun bo ambiente. Pero, e se ese chiringuito se convirte nun “fenómeno”? . É o que lle ocorreu a un deles situado á beira da praia da Barrosa en San Vicente do Mar (O Grove).

Alá polos anos 90, caeron en mans de Miguel de la Cierva un espazo e unha posibilidade.

O espazo, inmellorable, un antigo fabriquín de salazón pseudoreformado, nunha praia onde a lúa emerxe deixando un mar de plata e o faro da illa de Ons alumea ao seu ton acompañando o ritmo das ondas na orela.

A posibilidade, facer dun chiringuito de praia de día, un local de concertos de noite no que se reunisen e tocasen músicos coma os que nestes anos puidéronse escoitar: Iván Ferreiro, Xoel López (Deluxe), pregoneiro este ano das festas da Coruña, Russian Red, Leiva (Pereza), Raimundo Amador, Nacho Vegas, Cristina Rosenvinge, Love of lesbian, Eladio y los seres queridos, Lori Meyers, Nawya Nimri, Sidonie, The New Raemon, Mastretta, The Cornelius, O’ Funkillo, Ariel Rot,  The Ellas (con Luis Tosar ao frente) e outros que, como Rio Bravo que aterraron cun camión de bombeiros como medio de transporte dende as lonxanas terras saxonas, fan desfrutar da súa música a todos os que se achegan por alí.

Conciertos en El Nautico de O Grove

Conciertos en El Nautico de O Grove

Pero non só se poden atopar concertos, senón que actuacións de Luis Piedrahita, Eva Hache ou os antigos The Magical Brothers deron o toque cómico a algunha que outra noite.

Quizáis o que máis chama a atención, é que todos, ou case todos, voltan nos veráns seguintes, xa non como estrelas do panorama musical senón como individuos que desfrutan dun ambiente,dun local, dunha paisaxe que xera proximidade, intimidade e relax e porque Miguel fai que se sintan coma se estivesen na casa e como en moitas casas, este entorno invita a poñerse a tocar de forma improvisada.

Ambiente de El Naútico durante un concerto, imaxe de Nahún García

Ambiente de El Naútico durante un concerto, imaxe de Nahún García

Porque Miguel tamén é músico, pertence a esa xeración na que se comparte oficio con Los Limones e escenario e amizade con Antonio Vega e que non ten problema en coller os seus instrumentos, xuntarse nas actuacións e colaborar cos que, a gusto, suben ao seu pequeno e baixo esceario.

Antonio Vega en “El Naútico” nun dos seus últimos concertos, Agosto 2008

Esto conséguese porque tamén o público e os camareiros, todos xa coñecidos dende fai anos, axudan a que se manteña un equilibrio, coma se de un ecosistema case inalterable se tratase.

Este ano cúmpre 20 anos ós mandos desta nave que funciona ao 100% e inda que non virán os xa clásicos do verán en cartel, si preséntannos unha proposta moi rica en contidos, incluíndo o quinto ano do Laboratorio N onde durante catro días podémonos atopar grandes sorpresas, improvisacións ou jam sessions.

Este verán xa actuaron El Gran Wyoming, por dúas veces, e o sábado pasado actuou Coque Malla, pero inda quedan, entre outros, Depedro, Andrés Suárez ou Juan Perro.

Dende as Bibliotecas Municipais  da Coruña animamos a que vos acheguedes a este recuncho especial e nós aportamos o noso gran de area co fondo musical de moitos destes autores e grupos e que atoparedes en calquera das bibliotecas do sistema.

El Naútico, Imaxe de Diego Velo

El Naútico, Imaxe de Diego Velo

100 anos da gran Verbena Popular en Maria Pita: Cedrón, Lodeiro y Sedes

O 5 de agosto de 1913 na praza de María Pita tiña lugar a gran verbena popular que, segundo a prensa da época, supuxo a inauguración deste espazo público aberto no século XIX pero infrautilizado debido ás obras do porto e do Palacio Municipal.

Nunha guía de festas dese ano, dispoñible na Biblioteca de Estudos Locais, podemos ver o anuncio do evento:

Muller ollando unha guia de festas da cidade da Coruña de 1913Guia de festas da cidade da Coruña de 1913_1_1Gran Verbena Popular en Maria Pita

Hoxe xustamente cumprense 100 anos e para festexalo, este 5 de Agosto ás 22.00 horas na mesma praza, Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro celebraran A Verbena dos 100 anos: Cantando a Galicia”acompañados por unha orquestra de cinco músicos, únense para a recuperación da verbena clásica galega e interpretarán temas de onte e de sempre nunha xornada moi especial, abarcando dende os clásicos máis recoñecidos como “Lela” ou “Aí vén o Maio“, ata temas de Los Tamara e Los Satélites e de autores como Andrés do Barro, Ana Kiro ou Xil Ríos.

Rosa Cedron, Sito Sedes, Paco Lodeiro Cantando a Galicia

Haberá boleros, pasodobres e cha-cha-chá. Sen dúbida, a recuperación do baile como elemento condutor das verbenas será un dos retos deste primeiro Cantando a Galicia.

Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro, son tres referentes musicais da nosa terra que se reuniron para dar forma ao primeiro proxecto de Cantando a Galicia, que inclúe un disco homónimo que saíu á venda o pasado 15 de xuño.