O club dos 27

portada-club-27 (1)

O Club dos 27: vivir rápido, morrer mozo e deixar un bonito cadáver.

Así é como se denomina un grupo de músicos que comparten unha singularidade: ter morto aos 27 anos. Non obstante, esta non é a única premisa que deben cumprir os membros do selecto Club 27, xa que para ingresar nel, o seu falecemento tivo que deberse a un exceso de drogas ou alcohol, de ambas as dúas cousas ou a un suicidio. A listaxe está composta polos seguintes músicos:

Robert Johson– guitarrista e cantante de blues (1911-1938)

Brian Jones – guitarrista e cofundador do grupo The Rolling Stones (1942-1969)

Jimi Hendrix – guitarrista (1942-1970)

Janis Joplin – cantante de rock e blues (1943-1970)

Jim Morrison – vocalista do grupo The Doors (1943-1971)

Kurt Cobain — cantante e guitarrista do grupo Nirvana (1967-1994)

Amy Winehouse – cantante de soul (1983-2011)

robert_johnson

Robert Johnson (1911-1938)

A alma por unha guitarra

Ata a vida e habilidades dalgúns grandes músicos teñen como trasfondo lendas que explicarían por que chegaron a estar nese firmamento de estrelas. Este é o caso dun dos mellores guitarristas do mundo e cantante de blues, Robert Johnson, cuxa lenda fala dun pacto co demo. A lenda di que Robert Johnson vendeu a súa alma ao demo, a cambio de tocar o blues mellor ca ninguén.

brianjones

Brian Jones (1942-1969)

El é o verdadeiro fundador de The Rolling Stones. Neses escuros e difíciles comezos o líder natural da banda era Brian, quen ademais se converteu no arquitecto do seu son e no seu primeiro apoderado. Despois de conseguir a súa primeira gravación e aconsellados polo seu novo apoderado, Jagger e Richards empezaron a compoñer xuntos. Pouco a pouco foron collendo as rendas da banda, relegando a Brian. Ao mesmo tempo, unha lea pola noiva de Brian, que acabou marchando con Richards, foi o que deu lugar ao distanciamento e ruptura de Jones coa banda. Apareceu morto na piscina da súa casa, circunstancia que aínda non foi aclarada.

jimi-hendrix-375322-e1306887309158

Jimi Hendrix (1942 -1970)

Pouco queda por dicir do que é considerado un dos mellores guitarristas de todos os tempos, se non o mellor. Cantante e compositor, Hendrix é unha das grandes influencias para calquera guitarrista que se precie non só pola súa endiañada técnica, senón tamén polo seu son psicodélico que terminou por converterse en todo un estilo musical. Unha mistura de alcohol e pastillas para durmir fixo que se afogase no seu propio vómito e o mundo da música perdese a un dos seus buques insignia.

images

Janis Joplin (1943 – 1970)

Unha das cantantes de blues por excelencia. Esta sensacional artista foi unha das voces do movemento hippie dos anos 60 e todo un icono para as mulleres da súa época polo seu carácter rebelde e as súas letras pacifistas. Morreu de sobredose de heroína. Janis foi incinerada e arroxáronse as súas cinzas ao océano Pacífico. Deixou escrito no testamento que entregasen 10.000$ aos seus amigos para que montasen unha festa salvaxe á súa morte. XENIO E FIGURA.

images (1)

Jim Morrison (1943 -1971)

O líder da lexendaria banda The Doors foi moito máis ca un cantante. Foi un poeta, un cineasta, un xenio  que fixo as veces de “mesías” para a xuventude estadounidense, á que alentou a revelarse contra o sistema. O seu corpo apareceu na bañeira do seu piso en París e o planeta enteiro chorou a morte dun dos máis grandes. “Estades a beber co número tres”. Jim Morrison, cantante de ‘The Doors’, profetizou así a súa propia morte tras recibir a noticia de que Janis Joplin acababa de falecer, 16 días despois de morrer Jimi Hendrix. Era outubro de 1970. Está enterrado no famoso cemiterio parisiense de Père Lachaise e a súa tumba é unha das máis visitadas.

kurt

Kurt Cobain (1967 – 1994)

Considerado por moitos como a última estrela do rock, o líder de Nirvana foi a cabeza visible dun movemento que revolucionou a industria e o mundo enteiro: o grunge. A súa forma de cantar e as súas letras serviron e serven de inspiración para toda unha fonte inesgotable de bandas. O seu continuo e abusivo uso das drogas apertaron o gatillo da escopeta que terminou coa súa vida deixando desamparada a toda unha lexión de seguidores.

amy_winehouse02

Amy Winehouse (1983-2011)

Dende a súa morte son moitos os que queren incluíla no “club”, Winehouse foi encontrada morta no seu apartamento de Londres á idade de 27 anos e as súas fans xa a converteron en lenda. Non diremos que a polémica cantante non tivo un gran talento para a música e cuxa curta pero exitosa carreira non influenciase noutros artistas. Non obstante, situala entre os míticos integrantes do Club dos 27 parece, cando menos, precipitado.

Estes e outros moitos artistas están esperando por ti nas Bibliotecas Municipais. Dálle ao play!

catálogo

Hai sexismo no negocio do pop?

la foto 4 image

O debate está servido. Quen sinala a elevada presenza de discursos e actitudes sexistas no negocio músical non son xa unicamente bandas e artistas claramente posicionadas cun discurso político e social contrario á discriminación de xénero e consciente de como este se dá en todos os aspectos da vida, senón mesmo artistas da escena mainstream como Lily Allen ou da alternativa como Grimes. Resumen de forma áxil a cuestión na web Fucsia.co:

Mujeres ligeras de ropa pululan en las pantallas mientras bailan al ritmo de los últimos éxitos. ¿Son solo accesorios desechables en la producción o están representando dignamente al género femenino?

Á pregunta formulada responde unha socióloga, Clemencia González:

La mujer es la mercancía que se vende en la industria musical y publicitaria. Esto evidentemente, es considerado como violencia de género  y denigra a  la mujer hasta convertirse en un objeto de compra, siendo el reflejo de una sociedad machista”.

“La mujer, en la música y la publicidad, es un medio para vender un producto. El problema definitivamente parte de las propias mujeres, que venden su dignidad y su valor a cualquier precio por algo de fama. En ellas mismas radica la solución, pues si decidieran no seguir siendo partícipes de este círculo vicioso, el negocio se haría cada vez menos rentable y, por ende, tendería a desaparecer”, concluyó la socióloga.

la foto 1 la foto 3

Estando en xeral de acordo no que di, a afirmación final de González merece un contraste, cremos, con obras xa clásicas dentro do pensamento feminista como La dominación masculina, de Pierre Bourdieu, que axudaría a matizar as súas palabras e a dar explicacións menos esquemáticas e simplistas sobre a cuestión das culpas. O que Bourdieu sinala no campo da dominación patriarcal ten o seu correlato no cultural e no político nos estudos anticoloniais de Albert Memmi (Retrato do colonizado) ou Aimé Cesaire (Discurso sobre o colonialismo), por sinalar algúns exemplos, ou nas pedagóxicas de Paulo Freire (Pedagoxía do oprimido). Trátase de comprender, en definitiva, os mecanismos de alienación através dos cais os dominados interiorizan o esquema de percepción da realidade imposto polos dominadores. Non somos libres, por así dicilo, porque carecemos das palabras precisas para nomear (e tomar consciencia sobre) a nosa propia opresión.

O Blurred Lines de Robin Thicke, o Wrecking Ball de Miley Cirus, o Loba de Shakira, o Sexy Bitch de David Guetta, … moitos son os temas musicais que na actualidade están a xerar controversia e a seren empregados como exemplos paradigmáticos do que desde diferentes sectores se denuncia como unha evidente “comercialización do corpo feminino”. Ao igual que no caso do mundo publicitario, explican, a aposta do negocio do pop por vender o seu produto através de estéticas e poses hipersexualizadas ten máis a ver con estratexias focadas a incidir de forma máis eficaz en determinados públicos que con calquera sorte ou vontade de trasgresión da moral convencional.

A irlandesa Sinead O´Connor remitíalle hai uns meses unha xa famosa carta a Miley Cirus, a partir da polémica creada pola actuación desta última na gala da MTV 2013, cunha reflexión ben interesante neste sentido: “No te hace en absoluto más poderosa a ti o a cualquier otra joven difundir el mensaje de que tú serás valorada (incluso por ti misma) más por tu atractivo sexual que por tu claro talento. El mundo del espectáculo no lo ve así, ellos están en esto por el dinero, nosotros estamos aquí por la música”.
 
No xornal La Vanguardia, a investigadora Silvia Morón acrecenta:
 
“Los vídeos son el reflejo de la sociedad que tenemos y construimos, y la sociedad en la que vivimos es machista y discriminadora. Hay un público objetivo que lo aprueba, al que agradan estas producciones; si se produjese un rechazo generalizado no se lanzarían temas de este tipo. A nadie se le pasa por la cabeza que una canción abiertamente homófoba o racista llegase al número uno de todas las listas de éxitos, que la emitiesen por antena a todas horas como ocurre con Blurred lines. En cambio, un tema en el que se hace burla de la mujer y se la degrada sí que se acepta.”
 
shakira_loba_preview1 Robin-Thicke-Blurred-Lines-Video-04
 
Non se trata, pois, de formular a crítica desde o falso escándalo relixioso nin desde a mojigatería conservadora, senón xustamente desde a vontade de desvendar as causas últimas que explican este fenómeno, poñéndoas en relación cos beneficios que diso extraen quen o levan a cabo. Tamén da denuncia, por suposto, da pervivencia dun sexismo máis tradicional que infravalora a creación musical das mulleres, lles adxudica un papel secundario ou se relaciona con elas a través de temáticas moi determinadas.

En Playgroundmag.net contan un caso:

El pasado 22 de abril, Lizzy Goodman entrevistaba largo y tendido a Kim Gordon para Elle: una entrevista larga y en profundidad en la que Gordon hablaba de feminismo, de su carrera en solitario, de su trabajo como artista, de su nuevo grupo Body/Head, de lo que supone envejecer y hasta de un cáncer de mama superado. ¿Con qué se quedaron la mayoría de los medios musicales? Exacto: con los motivos de su separación de Thurston Moore, cuando en ningún momento Gordon ha definido su lugar en el mundo en cuanto que mujer de Moore; esa era una circunstancia más en su vida, no la única, y desde luego, no la definitoria. Pero ahí teníamos a buena parte de la prensa musical haciéndose eco de los motivos del divorcio, como si eso fuera a cambiar la percepción de la música de Sonic Youth… Como si importara en realidad, cuando lo único que debiera importarle a la prensa musical es el futuro (si lo hay) de Sonic Youth y el de las carreras de sus miembros en solitario.

 Kim+Gordon  Photo of Sinead O'CONNOR
 
Do debate sobre a existencia de sexismo na música derivaríanse outros ben interesantes. Un dos máis importantes refírese ás consecuencias que estes discursos e estéticas teñen nos públicos, especialmente no adolescente, por exemplo, que daría por si mesmo para outro post.
 
Sexa como for, desde aquí convidamos, neste 25 de novembro, a que sigades lendo noutros lugares e afondando no tema através doutras voces e perspectivas. En blogs como Señoras que hablan de música levan a cabo interesantes análises sobre a presenza do sexismo na música popular. Desde espazos como o Observatorio da Mariña pola Igualdade téñense realizado xornadas sobre a cuestión, coa presenza e participación de artistas como Sés, Guadi Galego ou Ugia Pedreira. E desde moitas plataformas feministas pódenvos fornecer achegas e traballos neste sentido.
 
A nosa era simplemente esta: poñer o debate enriba da mesa.
 
 
 

Luz Casal: premio nacional das músicas actuais 2013

Muy contenta, y muy sorprendida. No sabía que se estaba deliberando el premio, y es una sorpresa muy agradable.

Son as palabras de Luz Casal a un reporteiro de El País trinta minutos despois de recibir o Premio Nacional de las Músicas Actuales 2013.

Dous son os motivos, según o xurado, polos que Luz gaña este premio: a “calidez” da súa voz e a súa traxectoria.

Todo lo que he hecho de inesperado es la consecuencia de mi espíritu. Yo no puedo pasarme el resto de mi vida cantado Rufino o Piensa en mí. Lo hago porque me lo piden, por supuesto, pero necesito seguir probando cosas.

O pasado 5 de novembro estrenaba na súa páxina web unha nova peza e videoclip ¿Por qué no vuelves, amor?, que xa está á venda en iTunes, Spotify e Deezer.

Moitos son os seus discos e innumerables as ocasións nas que as súas cancións me acompañaron. Persoalmente, sempre me preguntei a quen lle adicou a canción Para un cínico, unha peza incluída no álbum Sencilla alegría. Cada vez que a escoito pregúntome Que che farían, Luz?

Tan amigo, tan honrado
tan sencillo, tan humano
tan colega y solidario
ingenioso y malhablado.
Tan artista, tan ufano
tan cainita, tan cristiano
tan atento a su rebaño
Poderoso y desquiciado
Nacido de la intuición
en cínico derivado
Eres plato sazonado
de picante pimentón
Qué más quisiera yo
que no haberte conocido
y decírtelo al oído
¡Qué más quisiera yo!
Tan malvado como Scarpia
tan artista, tan canalla
tan sediento, tan extraño
Prepotente y despechado

Resúltame francamente difícil destacar algunha canción por riba doutras. Aínda a risco de deixar moitísimas a un lado, non podo deixar de mencionar Negra sombra, Entre mis recuerdos, Detrás de tu mirada, A 1000 km ou Todo va bien.

 

No catálogo das nosas bibliotecas temos á túa disposición todos os seus discos, un recopilatorio, algunha biografía e o cartel do concerto que deu na Coruña no 1995,

luzcasal

Que me dicides do prezo? 🙂

catálogo

O blues de Miki Nervio & The Bluesmakers na Sagrada Familia

Os Xoves na SagradaMiki Nervio & The Bluesmakers é unha banda que non necesita presentación: levan máis de vinte anos sobre os escenarios, gañándose en cada unha das súas actuacións o respecto e o cariño do público.
Formación pioneira en Galicia, comenzaron a súa andaina facendo blues eléctrico pero foron evolucionando ata aproximarse máis ao sonido acústico da música negra de principios do século XX.
Esta viaxe buscando as orixes do blues, permitiulles achegar ao público a tradición das street bands, facendo que instrumentos tan pouco usuais e sorprendentes, como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres, o contrabaixo, a guitarra de doce cordas, a mandolina e o kazoo, sexan hoxe en día familiares para os seus seguidores.
Neste ano veñen de autoeditar o seu quinto disco “Let The Old Times Roll”, traballo máis ecléctico que os anteriores, no que se mesturan estilos coma o folk, o jazz, gospel, western swing e ata rock’n’roll primitivo, pero sempre en clave de Blues, o seu leimotiv dende a súa creación.
A súa versatilidade e amplo repertorio, permitiulles actuar en calquera lugar, en plena rúa ou en todo tipo de local. Este xoves 21 de novembro cerraran o ciclo Os Xoves na Sagrada 2013 da Biblioteca da Sagrada Familia.. Nesta velada de blues estaremos acompañados polos mestres:

  • Miki Nervio: Voz e kazoo
  • Slim Slide Louis: Guitarra resonadora
  • Big Boino Juanjinson: Contrabaixo
  • Washboard Plof: Táboa de lavar e percusión variada.

O Blues fluirá a través das estanterías e os libros, un peche de ouro para esta temporada de música entre libros.
Nas bibliotecas municipais, concretamente na de Rosales e na Infantil e Xuvenil de Durán Loriga podedes levarvos en préstamo algún dos seus traballos. 

Galician Tunes, o portal da música galega no exterior

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o novo diseño do portal web de Galician Tunes, creado no 2008 co obxectivo de ofrecerlles aos artistas, grupos, asociacións e empresas do sector unha ferramenta útil para potenciar a difusión internacional do seu traballo.

Portal da musica galega no exterior GalicianTunes
Galician Tunes, un portal trilingüe (galego, castelán e inglés) pretender ser o  acubillo da nosa música no exterior, achegando a artistas, grupos, colectivos e selos:

“aspira agora a converterse nun referente dentro da estratexia global de internacionalización da nosa música, funcionando tanto de altofalante da actualidade musical galega no exterior, como de canle para o achegamento aos nosos artistas e compañías por parte dos profesionais e públicos foráneos”. 

Como indican en Código Cero, o portal acolle un total de 137 artistas e grupos de todos os estilos, que á súa vez reúnen referencias a 230 traballos discográficos e dan acceso á reprodución en liña de 260 vídeos musicais. Ademais da información directa sobre cada unha destas bandas e solistas, as fichas redirixen ás webs promocionias, redes sociais, aplicacións de reprodución en streaming e portais de venda de música en liña que estean dispoñibles en cada caso.

Galiciantunes2012

Unha boa nova que permitirá acadar unha panorámica da música galega o máis ampla e actual posible, de xeito que o portal destaca xa na cabeceira da súa portada as principais novidades referentes á presenza da marca GalicianTunes e da música galega no exterior.

Sons de días fríos.

Se algo hai que convirte a música en especial é sen dúbida a súa capacidade de unirnos aos nosos instintos, eses que tan domesticados están a base de rutinas, hormigón e normalidade.

Nos inicios do frío faise necesaria a calor da paixón, e en Bibliosóns preparámosvos unha selección de músicas de ceos grises e cemento infecto, mais tamén da calor do lume nunha carballeira escura improvisando un magosto.

A paixón, a música e o instinto, sentir nunca foi malo, ou?! Desfrutade dos sentimentos que vos produza a nosa nova selección da Radio Bibliosóns!

Lista de reproducción Forum Novembro: folk galego

festival ortigueiraO mes de Novembro no Forum ven cargadiño de música tradicional galega. Galicia ten un rico patrimonio de canción e danzas populares que se caracterizan tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, alalás, etc.), instrumentos (gaita galega e pandereita, entre outros) e agrupacións musicais.

Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e, en xeral, coa tradición musical de Europa Occidental.

festival ortigueiraRodrigo Romaní, embaixador da música tradicional galega que leva 30 anos paseando a súa arpa por medio mundo, primeiro con Milladoiro, un dos grupos folk máis emblemáticos de Galicia e dende fai uns anos en solitario, observa que cada vez hai máis demanda de música folk, e cree que parte de ese interese pode ser ese “profundo enraizamento co mundo rural” que pervive en Galicia. “Mentres haxa galegos haberá folk galego”

A continuación deixamos a nosa selección musical de este mes; non esquezades que podedes levar en préstamos éstos e outros moitos discos nas nosas Bibliotecas!  Desfrutade do folk galego!

logo lista

     

     LISTA DE REPRODUCCIÓN

      NOVEMBRO

Ardentía – Retellando

BellónMaceiras Quinteto – Folkfusión

Carlos Núñez – A irmandade das estrelas

Cempés, Os – Moe a moa

Cristina Pato – Xilento

Chouteira – Folla de lata

Fasero – Augas mansas

Fía na roca – Contravento

Fuxan os ventos – Na memoria dos tempos

Lamatumbá – Paraugas universal

Leilía – Consentimento

Lizgairo – Diacronías

Luar na lubre – Hai un paraíso

Mercedes Peón – Isúe

Milladoiro – Iacobus Magnus

Pai da Cana – Ruta folk : terra galega

Pradairo – Pateado

Quempallou – Vellas novas

Rosa Cedrón – Entre dous mares

Rumbadeira – No faiado dos sonos

Susana Seivane – Alma de buxo

Trasmundi – Raianos

Uxía – Eterno navegar

VV.AA. – Étnika: los sonidos de Galicia

VV.AA. – Marea de música

Xistra de Coruxo – Tres nun

Xosé Manuel Budiño – Zume de terra

Galicia Escóitase: música feita na casa na Biblioteca de Os Rosales

para el facebbok biliotecas en colores FINALProbablemente non vos descobrimos nada novo se facemos referencia ao bo momento que estamos a vivir en Galicia a nivel musical. Ao carón dos grandes nomes consolidados do folk e a música de raíz (Luar na lubre, Berrogüetto, Carlos Núñez, etc.), os xéneros tradicionalmente máis idiosincráticos da música galega, foron xurdindo nos últimos anos outros nomes noutros xéneros que están a acadar prestixio e recoñecemento crecentes dentro e fóra de Galicia.

No eido do pop-rock alternativo, por mencionar tan só o -se cadra- máis sobranceiro, bandas como Triángulo de amor bizarro (Boiro), Franc3s (Carballo) ou Disco las palmeras! (Sarria) xeneran asombro e admiración a partes iguais en toda a prensa musical especializada a nivel nacional, especialmente os primeiros, considerados por boa parte da crítica o mellor grupo nacional de indie-rock do momento. A boa nova e que o filón non se agota con eles, que xa empezan a ser sospeitosos habituais, senón que por detrás veñen abríndose paso novas propostas, a cal máis xenuina e orixinal, como por exemplo o pop distópico de Mano de obra (Coruña) ou o punk gamberro de Srasrsra (Coruña), que garanten, sen dúbida, o relevo a medio prazo. E, obviamente, quedan moitos sen citar.

Dende Galicia Móvese queremos celebrar este momento álxido da música feita en Galicia –feita na casa– cunha programación especial Galicia escóitase (ver cartel) que inclúe unha selección musical do máis destacado do panorama actual,

DIN 4unha serie de actuacións musicais na biblioteca de Os Rosales e unha reportaxe sobre os Locaisdensaio do Coliseum da Coruña (ver vídeo abaixo), un proxecto ben interesante de apoio á canteira musical da cidade. Dende o máis local, as músicas do barrio e da cidade, ata os grandes grupos e solistas de proxección internacional, pasando por toda a diversidade de estilos e xéneros (folk, hip-hop, clásica, rock, etc.).

Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica “Galicia Escóitase ” na Biblioteca de Os Rosales

Quedades convidados a pasar pola Biblioteca de Os Rosales para disfrutar dela!!

Ataque Escampe padecen de amor

ataque_escampe-785x523

Sería 2006 ou 2007. As primeiras novas sobre eles chegaban aos poucos, de forma difuminada e parcial, acompañadas da agradecida gravación en CD-r que che facía algún amigo para pasarche os seus primeiros temas. Cadaquén facía fincapé nas referencias compartidas. Ataque Escampe eran o grupo de Samuel Solleiro. Ataque Escampe eran o grupo de Roi Vidal. Ataque Escampe eran un grupo da Faculdade de Filoloxía da USC. Ataque Escampe eran un grupo das tascas de Vista Alegre. Ataque Escampe saían polo Avante. Etc…  A vida é así.

Ás primeiras escoitas cadaquén ía facendo a súa composición persoal sobre o grupo. Boas letras, ironía, mestura de referencias da cultura popular, rock de serie B, imaxinario particular no musical e no social, discurso definido e ben comunicado, … Un grupo diferente e do que sempre apetecía escoitar máis.

Os anos e os discos foron pasando, as referencias aos datos biográficos particulares deixaron paso ao proxecto musical colectivo e aquelas primeiras intuicións sobre as AE mudaron na constatación de estarmos diante dunha sólida (e feliz) realidade. A súa autodefinición: “As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre.”

Outra posible, igual de pertinente e feliz, a que ofrece o escritor Mario Regueira: “Hai moitos tipos de fronteiras, non só as políticas, e o grupo transitou por moitas delas. De México a California, do rock ao tango, dos poetas dos 50 ao dadaísmo, ou do sublime á serie B nun só paso, porque o interesante deses espazos é o feito de camiñar entre eles incansabelmente, trazar rutas para futuros viaxeiros, e poder dicir ás persoas que habitan nas beiras que forman un todo cos do outro lado. O custo pode ser desigual, para cruzar á ida pode chegar con sobornar a un axente de fronteiras, na volta pódese chegar tiroteado e coas costas molladas. É o prezo do contrabando de ideas. No caso concreto da Galiza, por exemplo, as fronteiras mal definidas entre o rural e o urbano crean longas zonas de transición cunha idiosincrasia propia. As vilas grandes e os bairros dalgunhas cidades son universos próximos rexidos polas mesmas regras. Ataque Escampe son como os cabalos atados nos descampados das aforas. (Somos libres como bestas). Veñen do lugar onde se beben viños sen nome nen cor definida, onde se discute de poesía e cinema diante dunha tapa de callos, de espazos onde chove sempre, ininterrompidamente, e algúns, sabendo que é mexo, botan man do paraugas e berran con toda a forza para avisar aos demais.”

230312_ataque1

Porque Ataque Escampe, en realidade, padecen de amor. Só hai dor mentres vive a esperanza, escribira nun dos seus máis fermosos versos Pilar Pallarés. Esperanza que non morre e que explica e dialoga coa raiba, a indignación e a consciencia de que a sociedade na que vivimos -periférica, negra e colonial: Galiza- podería ser outra cousa. Do lado de Frantz Fanon, Aimé Cesaire, Stokely Charmichael e Albert Memmi, as Ataque Escampe cantan calipsos, incendian temas de soul sureño en días de chuva verde compostelá e soben ao palco da música de todas as festas, nos prados do carón da Cidade da Cultura.

Non nos imos deter neste post na súa traxectoria, tamén perfectamente explicada por eles mesmos no seu blog, senón simplemente incitarvos a entrardes na súa música. Toda -e iso non fácil dicilo dun grupo!- a súa discografía merece a pena. Dalgunha forma ela mesma conformou, do 2007 a hoxe, a banda sonora -ferida e consciente- da mocidade galega atrapada nestes violentos anos dez, músicas posibles dunha época de resaca de fin de festa, de loita de clases renovada, de desemprego, emigración xuvenil e derrota xeracional.

Nas nosas bibliotecas podedes atopar parte da discografía e as colaboracións musicais do grupo compostelán:

  • A grande evasión [Gravación sonora] / Ataque Escampe. — [A Coruña] : A Regueifa discos, D.L. 2009
  • Nsaio & Gzcrea [Grabación sonora] : a música emerxente de Galicia. — [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade , 2008
  • Galicia es una mierda [Grabación sonora] / Ataque escampe. — [A Coruña] : A Regueifa discos, D.L. 2008
  • Manifesto Dobarrista [Grabación sonora] : un disco tributo a Andrés do Barro. — [A Coruña] : Falcatruada, D.L. 2007

The Blue Ribbon Healers chegan á biblioteca Sagrada Familia

The Blue Ribbon Healers

Logo de catro anos tocando por todos os lugares de costa a costa dos Estados Unidos, The Blue Ribbon Healers cruzan o charco e aventúranse no que será a súa primeira xira europea. Á biblioteca Sagrada Familia tócalle a honra de ser o primeiro punto desta xira que os levará posteriormente por outras cidades de España, Francia e Italia. O ciclo de música entre libros “Os Xoves na Sagrada” acolleraos este xoves 7 de novembro, a partir das 19:30 horas.

The Blue Ribbon Healers son músicos nómades por vocación. Esta banda de Florida -concretamente de Panama City Beach-  formada por Cindy Rose e Rob Pate, inspírase no old-time jazz de Nova Orleáns inda que con aires renovados o que confire á súa música un son inconfundible e orixinal. A súa mestura de sons étnicos e folclóricos dá como resultado unha proposta inconfundible que invita ao baile e a celebración, grazas ao seu jazz vocal e a súa parte de gypsy. Con influencias como Ella Fitzgerald, Billie Holiday, Jethro Burns, Grateful Dead ou Tom Waits, as súas actuacións en directo son a súa mellor carta de presentación.