Lista Reprodución Forum: os concertos das festas

Se o mes pasado adicabamos a nosa Lista de Reprodución á música da terra, agosto non anda moi desencamiñado. A estas alturas, de todos é sabido que o sábado día 1 arrancan as festas de María Pita co concerto de Víctor Manuel e Ana Belén na propia praza e que do luns 3 ao venres 7 de agosto celebrarase o 29 Noroeste Pop Rock da Coruña cun total de 31 concertos de balde en 4 escenarios diferentes. Por iso, a Lista de Reprodución de Agosto nútrese cos traballos de moitos dos artistas que poderemos ver estes días polos escenarios da cidade e con outros que estarán polos arredores ou en próximas datas.

Cartaz2

 

Posiblemente sexa este un dos anos con máis presenza de grupos galegos, un total de 17 confirmados que actuarán na praza das Bárbaras, San Nicolás e no Castelo de San Antón. Trátase de formacións como En Casa del Herrero, Say My Name, The Trunks, Silvia Penide, True Mountains, Félix Arias, David Quinzán, Sensacional ou Familia Caamagno entre outros. Os de Sigüeiro, avalados polas boas críticas dos medios especializados teñen un oco con dereito de seu na axenda musical galega. Coma eles mesmo din “Hai que andar cos tempos!”, título que dá nome ao seu último traballo. Sen dúbida un dos grupos que paga moito a pena ver en directo porque te fará bailar aínda que non queiras.

Os concertos na praia inaugúranse o xoves 6 da man de todo un referente do pop independente nacional, Los Planetas, quen xa actuaran no Noroeste na edición do 2010. Xunto a eles estarán os cataláns Sidonie que se deron a coñecer co seu rock psicodélico e alternativo na década dos 90. Os seus directos nunca deixan indiferentes a niguén, o seu último traballo publicado é Sierra y Canadá no 2014.

O venres é a quenda de León Benavente grupo formado por músicos procedentes de bandas tan coñecidas coma Tachenko, Schwarz ou Nacho Vegas. León Benavente presenta o seu homónimo álbum de debut a quen a crítica sitúa como un dos mellores lanzamentos nacionais do 2013. Entre os seus integrantes hai estirpe galega, trátase de Abraham Boba, quen aporta esa eterna melancolía que proxecta nas letras e transmite a través da súa voz.

Os concertos no areal de Riazor péchanse coa gran estrela e cabeza de cartel, os suecos Mando Diao. Con raíces no brit-pop e o garage-rock pero tamén con miras ao soul e a electrónica, desenvolveron unha carreira con sete álbums xa. O seu último traballo Aelita, sen sorpresas, destaca por unha boa instrumentación e unha boa producción, aínda que ás veces algunha das canción poida resultar excesivamente longa.

Pero as festas compleméntanse con concertos para todos os gustos: Rosário, Maná, Alejandro Sanz, The Originals Blues Brothers Band ou o xenial violinista de orixe libanês Ara Malikian entre outros. Podedes consultar toda a proposta e horários aquí, e mentras non chegan os ansiados concertos tedes á vosa disposición os traballos dos artistas nas bibliotecas. Ésta é a nosa particular Lista de Reprodución da Biblioteca Fórum para ir abrindo boca, bótalle unha escoita!!

Pablo AlboránTanto, Félix Arias – Manchados de tinta, Arizona Baby – Second to none, León Benavente – León Benavente, Cooper – Retrovisor, Coruña Son09Xurxo Souto – Fumareu, Los Enemigos – Hasta el lunes, Guadi Galego – Lúas de outubro e agosto, La Habitación Roja – Cuando y ano quede nada, Carlos Jean – Have an ice day, Kepa Junkera  – Hiri, Joaquín Sabina et. Al.La Bien Querida – Romancero, Maná – Amar es combatir, Antonio Orozco – Cadizfornia, Los Planetas – Una ópera egipcia, Reincidentes – Algazara, Barón Rojo – Volumen Brutal, Rosario Flores – Parte de mí, Ariel Rot – La huesuda, Alejandro Sanz – El tren de los momentos, Sabina & Serrat, Sidonie – Sierra y Canadá, Sting  – Desert Rose, Kiko Veneno – Dice la gente

Viaxando con Ritmo: Barcelona

Barcelona fundouse co nome de Barcino, a finais do século I a C, como colonia romana e durante máis de 200 anos estivo baixo dominio musulmán. Pasaría logo por distintos períodos con mellor ou peor sorte até que a mediados do século XIX, coa chegada da Revolución Industrial e o desenvolvemento sobre todo do sector téxtil, iníciase unha etapa de recuperación cultural. Trátase da Renaixença, un período no que a lingua catalá se renova como lingua literaria.
O século XX inaugura tamén unha importante transformación urbanística na cidade de Barcelona que culmina co seu característico Barrio do Eixample, onde se sitúan algúns dos edificios do modernismo catalán.

Palau da Música Catalana

Palau da Música Catalana

En canto á música o Modernismo deu unha identidade sonora ao país. Este movemento social e artístico de finais do século XIX e principios do XX bebía das fontes centroeuropeas e quixo chegar a todas as capas sociais. Un dos seus legados é un dos edificios máis emblemáticos de Cataluña: o Palau de la Música Catalana. Unha das figuras máis representativas do estilo musical modernista foi Enric Morera. Morera é o músico que enlazou a música catalá cos movementos musicais de Francia e Bélxica.

Pero se falamos de Barcelona e a súa historia musical, sen dúbida non podemos esquecernos da Nova Cançó (Nova Canción). Ese é o nome co que se coñece o movemento artístico e musical catalán que, en pleno franquismo, impulsou a reivindicación do uso normal do catalán no mundo da canción. Apareceu na segunda metade do decenio de 1950, e conta con integrantes da talla de Pi de la Serra, Raimon, María del Mar Bonet, Lluís Llach e por suposto o gran Serrat.


Avanzando nos tempos poderiamos decir que Barcelona e toda Cataluña achegan unha gran cantidade de talentosos músicos en todos os terreos desta arte. Na división de cantantes podemos expoñer unha longa lista de profesionais dos diferentes sectores como pop, rumba, clásico, ópera e folclore, entre os que podemos encontrar famosos cantantes que para a gran maioría do público nin pensan, que sexan de Barcelona. É o caso do Pescailla, este impresionante xitano naceu en Barcelona, casou con Dolores Amaya á que abandonou para casar con Lola Flores.


A rumba catalá achegou moitos nomes á lista de compositores e cantantes tal é o caso dos irmáns Estopa e o tristemente desaparecido Peret. Tamén Barcelona conta con grandes da música clásica e zarzuela, como os enormes Victoria de los Ángeles, Montserrat Caballé e José Carreras.

No mundo do pop hai voces catalanas moi recoñecidas con infinidade de premios e éxitos mundiais, como é o caso de Dyango,  Mónica Naranjo, Sergio Dalma ou o Dúo Dinámico que foron os pioneiros do pop-rock en España, así como do fenómeno fan na década de 1960.

E de plena actualidade, na escena indie rock Barcelona é todo un referente con grupos da talla de Dorian, Love of Lesbian, Standstill ou Manel. As cancións de Manel mesturan o pop coa música máis tradicional cantada en catalán. Destacan polo seu atractivo directo e as súas cancións sinxelas, pero con letras traballadas.


Sen dúbida Barcelona é un sitio para desfrutar cos cinco sentidos e o verán unha boa ocasión para desfrutar de moitos dos festivais que se celebran na cidade (Barcelona Metal Fest, Sonar, Cruilla Barcelona, Barcelona Beach Festival etc.)

Agardamos que a viaxe fora do voso agrado e convidámosvos a que nos acompañedes na seguinte parada musical, París. Namentras tanto podedes pasarvos pola Biblioteca Forum e levar os discos en préstamo.

Lista de Reprodución Forum: Decembro e o mellor de…

Xa están aquí as famosas listas do mellor do ano. Ainda que moitos pensen que son como as luces do Nadal, que cada ano parece que chegan antes, o certo é que xa en novembro comezan a publicarse as primeiras. Así que, ben entrado decembro na Lista de Reprodución de Forum non podiamos pasar por alto o mellor do ano. Desta volta tomamos como referencia a revista Rolling Stone, que para celebrar o seu 15º aniversario fixeron unha enquisa ós seus lectores para obter as mellores cancións nacionais e internacionais dos últimos quince anos.

Por aquelo de non mesturar na nosa comezamos cos artistas nacionais, unha enquisa que revela resultados esperados e pouco sorprendentes. Non faltan clásicos coma Nacho Vegas, Sabina, Calamaro, Bunbury, Extremo Duro ou Piratas.

De aparición máis tardía son grupos coma Los Planetas, Lori Meyers ou Vetusta Morla. Grupos que xurdiron na segunda metade da década dos 90 e que estiveron en pleno auxe no movemento indie da época.

“Un Buen Día”,  é o terceiro single extraído de Unidad de Desplazamiento que presenta a uns Planetas en estado de gracia, cun punto optimista, alegre e á vez cun pouso agridoce. Pronto se converteu nn hit ampliamente recoñecido e sempre demandado nos directos dos granadinos. Algo parecido ao que pasou con “Salvese quien pueda” dos madrileños Vetusta Morla e “Alta Fidelidad” dos de Loja.

Na lista tamén se mete Russian Red co seu clásico “Cigarrettes”, Deluxe e o seu primeiro gran hit guitarreiro en castelán “Que no”, e que para nada facia presaxiar o cambio de rumbo en canto a estilo do gran Xoel López.

E como non, dentro do mellor dos últimos 15 anos non podian faltar os xa desaparecidos The Sunday Drivers. Cun son característico, moi diferente o de outras bandas indie españolas, tiveron un éxito notable en países como Francia, Holanda ou Grecia. Do seu álbum Tiny Telephone (2007) o público salienta “Do it“, un tema xenial que nos directos do grupo era capaz de facer que todo o mundo saltara e berrara ao mesmo tempo Do it, do it, put yourself in my place!.. que tempos aqueles!

Son algúns exemplos do que o público destaca como o mellor do panorama musical español nos últimos 15 anos. Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa.Non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Bunbury – Freak show, Calamaro – El cantante, Calamaro – Bohemia, Deluxe  – Los jóvenes mueren antes de tiempo, Dorian – La velocidad del vacío, Duncan Dhu – Piedras, Extremoduro – Agila, Fito & Fitipaldis – Por la boca vive el pez,  Iván Ferreiro – Mentiroso, mentiroso, Lori Meyers – Cronolánea, Love of lesbian – La noche eterna / Los días o vividos,  Facto Delafé y Las flores azules – La luz de la mañana, Nacha Pop – Un día cualquiera, Najwa – Donde rugen los volcanes,  The New Raemon – La dimensión desconocida, Nacho Vegas – Cajas de música difíciles de parar, Pereza – Animales,  Los Planetas – Una ópera egipcia,  Joaquín Sabina – Lo mejor de los mejores, Los Secretos – En este mundo raro, Sidonie – El incendio, Standstill – Vivalaguerra, The Sunday Drivers – Little Heart attacks, Tulsa – Sólo me has rozado, Vetusta Morla – Mapas, Kiko Veneno – Dice la gente

Coruña Sonorama: programación musical novembro

Coruña Sonora octubreCoruña Sonora, a aposta do Concello de A Coruña para promocionar as bandas de música locais e da que xa vos falamos en ocacións pasadas, continúa moi viva no mes de novembro.

O circuito musical “aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de 18 a 30 anos”  dando así a oportunidade de actuar en directo a 12 destes grupos en diferentes salas da cidade. Nos meses de stembro e outubro os concertos tiveron lugar na Sala Mardi Gras e na Sala LeClub.

Este mes de novembro os concertos serán na Sala Pizz&Music:

  • 6 de novembro: Man City Blue
  • 13 de novembro: Senectud Sideral
  • 20 de novembro: Almakoa
  • 27 de novembro: After All

Todos os concertos son ás 22:00 horas e a entrada é gratuita.

Man City Blue

Man City Blue son unha banda de rock alternativo da Coruña formada no 2011. Os seus compoñentes  son: Eva Arotxena (voz), Ana Castro (guitarra), Juan Corredoira (baixo), Xoel Diamante (guitarra) e Nicolás Cotelo (batería).

Influecias: Muse, Iggy Pop and the stooges, U2, Joy Division, Radiohead, the Who, Eric Clapton y Free….

Historia:  segundo eles mesmos a definen no seu perfil versa “Dúas amigas de pelos multicores viaxeiras do tempo decidiron montar un grupo inspirado na película “Control” sobre a vida de Ian Curtis, cantante de Joy Division, buscaron o resto dos integrantes. Azucre, especias, moitas cousas bonitas e a substancia X, asi formouse Man City Blue, para destruír a parvada reggetonera do mundo e facer así da Terra un planeta lixeiramente máis habitable”

Senectud Sideral

É un grupo de xóvenes coruñeses que comezou polo 2008 en Abeiro. Eses rapaces que comezaron timidamente fai xa 6 anos medraron e con eles a súa música de corte Pop-Rock Indie

Os seus compoñentes son: Javi Pernas(voz e guitarra), Álvaro Sánchez (baixo, teclado e coros), Alex Fernández (batería e voz/coros), Alberto Rodríguez (guitarra, ukelele e mandolina)


Influecias: The Beatles, Queen, Muse, Oasis, The Who, Arcade Fire, Pink Floyd…

Historia: Alá por 2008 o coordinador do centro xuvenil Abeiro, onde adoitaban parar, propúxolles a catro amigos participar nun concerto que se adoita realizar alí cada ano. Por entonces non estabamos moi convencidos, pero ao final accederon. . Alí tocaron versións, compuxeron as súas primeiras cancións e sobre todo gozaron coa música. Tres deles, Alberto Rodríguez (guitarra), Álvaro Sánchez (baixo e teclado) e Alex Fernández (batería) forman parte do grupo actualmente. Máis tarde incorporaríase Javi Pernas (guitarra e voz). Aínda que o nome é anterior, pódese dicir que entón comezaba Senectude Sideral.Dende ese momento pasaron pola formación o guitarrista Pedro Sánchez e o clarinetista e pianista Javi Ulla.

Almakoa

almakoa

Almakoa son Daniel Temprano López, Cristina Caballero Jarnes, Alejandro Mantiñán Búa e Carlos Orozco Obré

Influencias: Ben Harper, Jack Johnson, Donovan Frankereiter, Matt Costa

After All

After All é unha banda herculina de Rock, formada no 2011 por Hugo (guitarra), Eva (voz),  Javi (baixo, voz e coros), Eloy (batería e coros).

After All nace cando Hugo, tras abandonar o grupo “Warning! ” decide formar un grupo propio; tras comentarllo a xente do seu arredor e probar algúns músicos entra Javi no grupo e xunto á batería Jose Luis e o guitarrista Jony Bello a banda comeza cos seus primeiros ensaios. Despois dun par de semanas ensaiando e buscando cantante entra á formación Eva Vil, e tras dous meses de preparación, a banda dá o seu primeiro concerto.Tras o concerto, a batería Jose Luis e o guitarrista Jony Bello abandonan a formación e pasan a ser substituídos por Eloy á batería, sendo esta a formación actual do grupo. Durante este ano a banda deu numerosos concertos e actualmente encóntrase traballando en temas propios,os cales en gran parte xa foron presentados en directo.

Fan versións de Rock das últimas décadas, dende o máis clásico ao moderno, e temas propios.

Máis información: 

Escoita a Lista de Reproducción no Punto Musical

Xa queda lonxe aquel pasado mes de agosto cando se estreaba, a “Lista de Reproducción” da Biblioteca Municipal Forum Metropolitano e dende aquela até hoxe tódolos meses ofrecémosvos as nosas recomendacións musicais. Recomendacións cheas de pop, rock, soul, funk, R&B… en definitiva música, xa que todo cabe na nosa cita mensual. Do que se trata é de compartir contigo os discos nacionais e internacionais, os que xa se converteron en clásicos pero que nunca caerán no olvido, grandes cancións, sen prexuízos, porque queremos que cando escoites a nosa “Lista de Reproducción” sintas o que dende dentro tentamos transmitir: pasión pola música.

Lista de Reproducción Forum Febreiro 2014

Lista de Reproducción Forum Febreiro 2014

Unha “Lista de Reproducción” na que ti tamén contas e tes moito que aportar, porque o teu criterio tamén nos importa. Asi que se levas un disco en préstamo e che gustou faino saber, adxudícalle o noso particular “me gusta” se cadra iso axuda a que outro usuario o escoite tamén.

Gústache?

Gústache?

Pero na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano temos máis novas, porque vimos de inaugurar o “Punto Musical”, un espacio para que te relaxes, escoites e desfrutes da nosa selección, para que fagala túa propia … para que consultes o blog, en definitiva o teu punto de referencia musical dentro da biblioteca.

E lembra que se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos dos grupos, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catalogo

Lista de Reproducción Fórum Recopilación 2013

Xa o anunciaba o noso compañeiro XC o pasado mes de xaneiro, tres bandas galegas lograron situarse entre os escollidos como 50 mellores discos estatais segundo a  Revista Rockdelux:

Na Lista de Reproducción da nosa Biblioteca do Forum Metropolitano deste mes  imos máis aló e seguimos a facer un repaso por tódalas listas publicadas a comezo de ano, xa que mal que nos pese as listas do mellor do ano convertéronse nun elemento fundamental, alimentan debates, crean negocio e fan, moitas veces, que a carreira dun artista levante vo.

Atopámonos cos galegos Niño y Pistola que continúan xogando ao despiste á hora de presentar os seus traballos. Se en Niño y Pistola as Arthur & The Writers (Ernie, 2010) inventaban ao poeta Arthur como fío narrativo do álbum, en There’s a man with a gun over there optan por unha historia do rural americano que transcorre en dous tempos co personaxe de Tom como protagonista

Galegos son tamén os Igloo, fríos por fóra pero cálidos e cheos de vida por dentro, de aí o nome. Banda formada con algúns dos ex-Deluxe, conxuga á perfección o son dunhas guitarras afiadas coa transmisión de emocións e sensacións eléctricas. No mellor do ano figura o seu último traballo 04.El conjunto vacío pero na Lista de Reproducción non nos esquecemos de discos anteriores como #2.La transición de fase onde xogan coas intensidades e as letras escuras e destacan especialmente os arranxos moi coidados que contribúen a rematar o efecto final.

E como non entre o mellor do 2013 tamén nos atopamos co gran Iván Ferreiro con Val Miñor-Madrid, Historia y Cronología del Mundo Un disco no que se reflexa a tranquilidade do proceso creativo e de gravación e no que podemos atopar as palmas e os coros de Marc Ros de Sidonie ou a voz de Julieta Venegas nunha das cancións máis redondas do disco (Alien vs Predator). Para a Lista poñemonos algo máis nostálxicos e rescatamos aquel  Canciones para el tiempo y la distancia publicado aló polo ano 2005, onde se recolle un compendio de 10 cancións compostas por el e polo seu irmán Amaro.

Pero os listados seguen e os artistas e os discos son moitos, asi que aqui vos deixamos  a nosa selección, a Lista de Reproducción co mellor do 2013, onde non faltan os últimos traballos en moitos casos pero tamén quixemos rescatar discos anteriores que nunca ven mal recordar.

Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de LuxeDelorean – Apar, Diego el Cigala – Romance de la luna, Dorian – La velocidad del vacio, Extremo duro – Yo minoria absoluta, Fangoria – Cuatricromía, Fuel Fandango – Fuel Fandango, Igloo – #2.La transición de fases, Ivan Ferreiro – Canciones para el tiempo y la distancia, Jane Joyd – Shy little Jane Presents: so lost in this bleak winter landscape, Joe Crepusculo – Chill out, Kiko veneno – Sensación térmica, Lapido – Cartografía, Lori Meyers – Impronta, Mala Rodríguez –Malabarismos, Manel – Atletes, baixin de l’escenari, Niños mutantes – Náufragos, Niño y Pistola – There’s a man with a gun over there, Pauline en la playa – El mundo se va a acabar, Quique González – Delantera mítica, Second – Fracciones de un segundo, Standstill – Adelante Bonaparte, Tachenko – Esta vida pide otra, Triángulo de amor bizarro – Año Santo, We are standard – We are standard

Se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos dos grupos, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catálogo