Los libros y la Lectura nos inspiran…

En las Bibliotecas Municipales de A Coruña queremos celebrar el Día del Libro, homenajeando a todos aquellos que hacen posible el hecho de plasmar la imaginación en palabras.

Las diferentes formas de cultura tienen “el defecto” de intercalarse y de aprovecharse  entre sí, como queriendo convencernos de que no pueden vivir unas sin otras.

La mutua inspiración de música y escritura está documentada al menos desde la Grecia clásica y no ha dejado de existir desde entonces. La lectura provoca todo un mundo de sensaciones en las personas y da igual los estilos, las edades, los gustos… nada está reñido a la hora de la inspiración y para muestra, os dejamos con estos dos estilos tan diferentes que donde la musa de la inspiración son “los libros y la lectura”.

Una ranchera de Amparo Ochoca  “Por medio de la lectura” 

Y El Rap de la lectura de Nikas El rap de la lectura

Recuerda que en Catálogo de Bibliotecas Municipais puedes consultar la disponibilidad de los materiales. catálogo

Los Crooners: Elvis Costello

Declan Patrick Aloysius MacManus, verdadero nombre de Elvis Costello, nació el 25 de agosto de 1955 en Paddington, Londres (Inglaterra), en el seno de una familia inmersa en el mundo de la música, siendo el hijo único del matrimonio formado por la responsable de una tienda de discos, Lillian MacManus, y un trompetista y cantante de la big band de Joe Loss, Ross MacManus.

Fueron principalmente los sonidos del jazz y la música clásica los que acompañaron al pequeño Declan en sus primeros años de vida. Posteriormente comenzó a escuchar a grupos como los Beatles  y demás bandas británicas.

Se inició en la escena pub-rock londinense a mitad de los 70 desde donde vió llegar como observador privilegiado la New Wave y el punk, movimientos con los que se asoció.

En 1975 MacManus llevaba una aparente vida convencional, casado y con hijo, y empleándose en diferentes trabajos administrativos. No obstante, componía y movía sus maquetas hasta que la independiente Stiff Records le contrató; Jack Riviera, director del sello, le propuso una identificación artística más sugerente, combinando el nombre de Elvis Presley y su segundo apellido materno: Elvis Costello ya era una realidad.

Elvis Costello destacó en su extensa trayectoria como un meritorio y prolífico escritor de canciones, cuyas composiciones tanto se anexaban al arrojo punk o la frescura pop de la new wave como roturaban, desde una perspectiva de comentarista social airado y cáustico, en heterogéneos sonidos como el country, el jazz, el blues, el reggae, el soul, pop o el folk. 

El año 1977 marca la carrera de Costello: a su fichaje por Stiff a inicios de año, le sigue la edición de su primer single Less than zero en abril, y de Alison en marzo, debutando en larga duración en verano con My aim is true, con un significativo éxito de críticas y un moderado éxito comercial (puesto 14 en el Reino Unido, entrando el  Top40 en Estados Unidos).

Un Elvis muy punk

Un Elvis muy punk

La portada de un Costello con una Fender Jazzmaster  en ristre, enormes gafas de pasta, piernas en cuña embutidas en pantalón pitillo, ecos de Punk y a Buddy Holly  y pose desafiante era una declaración de intenciones. La banda que acompañó la grabación fueron los americanos Clover, conjunto que en aquella época practicaba el country root. Ese mismo verano, Costello reclutó a lo que sería su banda estable, The Attractions, formada por Steve Nieve al piano, Bruce Thomas al bajo y Pete Thomas a la batería. A final de año Jack Riviera funda Radar Records a donde se llevaría a Costello, publicando su último single Watching the detectives ese mismo año.

En los dos años siguientes publicó con el nuevo sello y la nueva banda This Year´s  model, otra colección de singles como fue el  de su debut, con un estilo igual de urgente e intenso pero más crudo y directo, acaso fruto de la escena punk vigente y desligado del pub-rock setentero y músicos de country-rock con los que grabó My aim is true y Armed Forces. Con este último álbum pretendía y alcanzar un reconocimiento comercial más amplio (el álbum y primer single Oliver’s Army lograría el número dos de las listas británicas, mientras que el álbum entraría en el Top10 Estados Unidos). Armed Forces es un disco más complejo y variado musicalmente, tanto en tiempos, estilos y orquestación, igual de irónico y quizá más trabajado en cuanto a letras, y deja entrever lo que será la carrera posterior del Costello maduro de las siguientes décadas.

Tras estos triunfos en vinilo y sus conciertos en vivo, Costello se convirtió en una atracción musical a nivel internacional. Costello cierra los 70 como productor, dejando su impronta en el disco debut y homónimo de  The Specials. Con posterioridad produjo a gente como Squeeze o The Pogues.

De sus décadas posteriores hablaremos en nuestra siguiente cita. Si quieres ir abriendo boca, consulta la disponibilidad de su discografía en el catálogo de las Bibliotecas Municipales.

catalogo

Mashrou Leila, a sedución libanesa do proxecto nocturno

Mashrou-Leila-6

Aos poucos van chegando aos nosos ouvidos brancos e occidentais sonoridades alleas ás que estamos afeitos, moitas veces encadradas de forma equívoca na etiqueta da world music simplemente polo feito de non seren bandas do chamado Primeiro Mundo.  

Mashrou Leila é un deses exemplos. Capaces de nos gañaren a atención por motivos diversos, mais coa calidade musical e a potencia do seu discurso como proa cara aos públicos de calquera parte, os libaneses están a darse a coñecer con forza no espazo musical europeo. Elementos de enganche para conseguilo teñen de abondo, no estritamente musical e tamén no que rodea a súa espectacularización occidental: un grupo de pop árabe, que canta en árabe e cun cantante gai. 

A intelixencia demostrada na súa traxectoria, porén, permite que lonxe de se someter aos clichés asociados á súa condición, Mashrou Leila prefiran manterse fieis ao camiño propio antes que aceptar a construción do seu perfil comercial desde fóra, como condición para o éxito global. O que importa é a música e o que se quere dicir con ela. Irónico, ambiguo, con referencias explícitas nuns casos e xogando ao despiste noutros, o discurso da banda dá co sexo, coa homosexualidade, coa cultura propia, co amor e co desamor, coa vida precaria da mocidade e coas vivencias cotiás no Líbano actual. Desde o éxito conseguido por artistas coma Fairuz, poucos nomes dese país conseguiran ter tanta repercusión fóra das súas fronteiras. 

Non sei se son un rapaz ou unha rapaza, pero sei que o aluguer é caro de máís, colega. / Casa comigo e le a Engels na cama. / A solución é romántica, mais iso non é malo. / O teu amor rompe a miña vida privada, mais iso non é malo.

 

 

De Mashrou Leila (traducido ao galego, Proxecto Nocturno) atrae a voz do cantante, Hammed Sinno. As súas letras. A intensidade emocional que transmite. Mais atrae sobretodo a maneira na que vinculan o rock e o jazz coa identidade musical propia da súa terra -especialmente coa presenza do violín e das estruturas rítmicas tradicionais-, creando atmósferas e paisaxes sonoras nas que diferentes capas de son nos envolven na escoita, entre hipnótica e serpeante. A crítica europea tenos referenciado a clásicos do rock alternativo: Joy Division, Radiohead ou Arcade Fire. E moito diso hai, seméllanos. Mais gústannos, sobre todo, polo que non hai, polo que nos descobren. Escoitalos permítenos viaxar: sen termos estado en Beirut, sentimos os perfumes, as comidas, as caras, os sorrisos, a noite dunha cidade que nunca foi nosa. 

 Quedamos impresionados coa brisa, mais volvemos á destrución / Cando te atreves a preguntar sobre como se está a descompoñer todo / Mándanche calar con lemas sobre a conspiración  / Os mesmos rabaños que che chaman traidor / Cada vez que pedimos un cambio  / Fixeron miserable o país e venderon a súa liberdade

 

 

A banda naceu no 2008 na Universidade de Beirut, nun concerto medio improvisado do que acabou nacendo o núcleo duro da banda, hoxe sexteto. “Escribimos sobre a nosa sociedade, sobre política, sobre a vida. Somos novos e interésanos saber como imos vivir neste mundo“. De Exipto a Xordania e de Turquía aos Emiratos Árabes, son o pricipal reclamo de concertos e festivais nesa extensa e rica área cultural. Mentres a percorren, andan a construír disco a disco (Mashrou Leila, 2009; o EP de seis temas El Hal Romancy, 2011; Raasuk, 2013 e o DVD ao vivo Live in Baalbeck) parte da banda sonora actual da mocidade dos diferentes países árabes do Oriente Medio. 

Oxalá en Galiza poidamos velos nun futuro non moi afastado.

 

 

 

Concerto de Narf en “Os Xoves na Sagrada”

Concerto Nar Os Xoves na Sagrada“Cancionista”, así gusta definirse Fran Pérez “Narf”, o músico que abre unha nova temporada do ciclo de música entre libros Os Xoves na Sagrada. Compositor e cantautor, destacado pola súa interpretación vocal e á guitarra, reparte a súa actividade entre o teatro e a música.

As súas orixes están moi vinculadas ao teatro: foi un dos fundadores da lexendaria Sala NASA de Compostela e interpretou obras coa compañía Chévere e co Centro Dramático Galego. O seu compromiso para a creación de música para o teatro galego independente levouno a colaborar con compañías como Mofa e Befa, Belmondo ou os portugueses Trigo Limpo teatro ACERT. Recibiu o Premio María Casares á mellor música en cinco ocasións e o premio da crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical do ano pola ópera en galego “Annus Horribilis”.

Musicalmente os seus inicios están ligados a grupos como Os Kinindiola, Nicho Varullo ou a Psicofónica de Conxo. Está especialmente vinculado ao mundo musical lusófono, inda que se aprecian influencias brasileiras, africanas, árabes ou mesmo flamencas.

Levou a súa música por moitos festivais e escenarios de todo o mundo: Londres, Salvador de Bahía, Sao Paulo, Portoalegre, Niteroi, Recife, New Casttle, Brighton, Rio de Janeiro, Buenos Aires, Sevilla, Nova Delhi, Katmandú, Maputo, Varsovia, Cracovia, Bissau, Mindelo, Lisboa, Madrid, Barcelona…

O seu último traballo, “Nas tardes escuras”, publicado no 2013, coincidindo co 150 aniversario da obra “Cantares gallegos”, está dedicado precisamente á Rosalía de Castro e nel afronta a súa poesía desde unha perspectiva rockera. Foi precedido de “Aló irmao” (2010) con Manecas Costa, “Tótem” (2007) e “Directo en Compostela” (2003). Estes traballos tédelos dispoñibles nas bibliotecas municipais da Coruña.

O concerto de Narf, dentro do ciclo Os Xoves na Sagrada será o vindeiro xoves 24 de abril, ás 19:30 h

Ruxe Ruxe en concerto

A sala Capitol de Compostela acolle mañá sábado 12 de abril a presentación de Némesis, o último traballo  e o máis experimental dos 8 oito que levan ás costas os Ruxe Ruxe, nun concerto no que os de Aríns estarán acompañados de Biribirlocke e que presentará Josito Porto.

ruxe-ruxe nemesis

Os Ruxe  (Vituco Neira, Xan Pericán, Miguel Duarte, Xaco Barona, Carlos Freire e Mahi, batería de Lady Chatarra que estará a substituír a Sevilla mentres o lombo deste se recupera ) son un dos grupos máis significativos do panorama musical galego na actualidade. Levan anos patentando o son punk-folk non só por Galicia senon por fóra das nosas fronteiras tamén. Nas súas letras son capaces de mesturar en perfecto equilibrio a tradicion do país con aspectos sociais reivindicativos. O seu tono de denuncia en moitos casos achegounos a un publico xuvenil tanto do eido rural coma das grandes cidades.

O grupo xorde na aldea de Aríns, preto de Compostela, formado por un grupo de rapaces amigos da escola, alá polo ano 1996 que dan o seu primeiro concerto nun pub, medio enganados xa que daquela nin sequera lle tiñan nome ao grupo. Como bandas influíntes sinalan as clásicas The Clash ou Mano Negra asi como os míticos Diplomáticos de Monte Alto ou os Zenzär.

A etiqueta punk serve para encasillalos como grupo creativo, sempre con ideas, con balas na recámara e con novas metas. Os Ruxe Ruxe seguen coa mesma ilusión que tiveron sempre, despois de 18 anos de existencia, falando do cotián, do que ven, do que lles presta e tamén daquelo que lle interesa ao seu público. Un público que cada vez se fai máis novo nas primeiras filas dos concertos.

Némesis é un traballo conceptual que repasa a historia dalguén que esperta no medio dunha terceira guerra mundial que se manifesta na forma de crise económica. Tres actos nos que se repasan o crime, a corrupción, a rebelión e a falta de saídas. E conta con colaboracións especiais coma a de Esteban dos Falperrys e Skacha e máis Bocixa de Zënzar, que xa saíra no disco anterior e a das pandereteiras Bouba que colaboran nun par de cancións.

Así que se gustas aínda estás a tempo de velos en directo, a cita mañá sábado na compostelá Sala Capitol, despois non digas que non avisamos. Como diría Vituco

“nós sempre estamos preparados para o rock and roll”

E lembra que nas Bibliotecas Municipais podes atopar moita da súa discografía. Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálgo

catalogo

Lista de Reproducción Forum Abril 2014: Ritmos primaverais

Xa está aquí a primavera, e despois de tanta choiva parece que o tempo comeza a dar unha tregua, comezamos por fin a ver días soleados. Días que a moitos nos apetece acompañar de música en directo e estrañamos aquela época de festivais, de ver moitos grupos en directo, aqueles que nos gustan de sempre e outros tantos que descubrimos, de desfrutar en boa compañía de bailar e de divertirse.

E precisamente esas sensacións son as que queremos evocar coa nosa Lista de Reproducción do Forum do Mes de Abril.

Madonna é sen dúbida unha desas artistas que transmite enerxía e boas vibracións, os seus estribillos soen ser destacados pola crítica como pegadizos, tal é o caso de Give Me All Your Luvin. Comercialmente o single foi un éxito, alcanzando o número un en Canadá, Finlandia, Hungría, Israel e Venezuela.

Are You Gonna Go My Way é o terceiro álbum de estudo de Lenny Kravitz lanzado o 9 de marzo de 1993. O álbum tivo unha boa acollida polos fans e polos críticos da música e ainda hoxe é considerado como un dos mellores traballos de Kravitz.

De Simply Red, consolidado como o grupo branco de Soul máis importante de Inglaterra, e con Mick Hucknall como carismático líder, cantante e compositor, destacamos Stars, o seu cuarto disco cheo de temas exitosos.

E sen entrar no debate de plaxio ou non, o certo é que nesta Lista que pretende dar pulos e encher de boas vibracións non podía faltar Viva la vida de Coldplay. Violoncelos, violas, violíns que perseguen frases sinxelas pero efectivas. O piano nun segundo plano, timbais, sintetizadores… os coros… Un subidón, un Viva a vida!

Aqui che deixamos a Lista completa para que a escoites, a sintas, e a desfrutes.

ABBA – GOLD – Promo 2012, American Skin – 41 Shots, Billy Joel – The Stranger, Blondie – Heart Of Glass, Bon Jovi – Always, Coldplay – Viva La Vida, David Bowie – Pablo Picasso, Dire Straits – Tunnel of Love Music Video, George Harrison – Love Comes To Everyone, James Blunt – Face The Sun, Jamie Cullum – Edge Of Something, Lenny Kravitz – Are You Gonna Go My Way, Madonna – Give me all your Luvin, Marvin Gaye – Mercy, Mercy Me, Phil Collins – This Must Be Love, Psychologial – Pet Shop Boys – Cubism, QUEEN – Crazy Little Thing Called Love, Rod Stewart – Crazy About Her, Seal – Right Life – Domingão do Faustão, Sgt. Pepper’s Lonely Hearts Club, Band – The Beatles, Simply Red – Stars, Something To Do-Depeceh Mode live, Supertramp – Goodbye stranger, The Jackson 5 – Ready or not (Here I come), Tracy Chapman – Baby Can I Hold You (1998), Zucchero – Eric Clapton (Wonderful World)

 

Lembra que se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros  podes consultar a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catalogo

 

Los crooners: Michael Bublé

Michael Steven Bublé (Vancuver, Canadá 1975), con ascendencia italo-franco-canadiense, empezó cantando a los clásicos del pop americano, a los que conoció a través de su abuelo, gran aficionado a la música. Durante una entrevista en el show de Oprah Winfrey en octubre de 2009, Bublé comentó que desde los 2 años soñaba con convertirse en cantante, pero no fue hasta unos años más tarde cuando su familia notó su talento musical.

Empezó ensayando Stardust y Melancholy Baby, se presentó a un concurso local de nuevos talentos, pero lo descalificaron por estar debajo de la edad reglamentaria para participar en el concurso.

Se presenta de nuevo al concurso (ya con la edad reglamentaria), y gana el primer premio, lo que le sirvió para grabar y publicar una serie de albumes independientes con una selección de canciones de temas inolvidables…

buble

En su juventud Bublé quería ser jugador de hockey “si fuera bueno jugando al hockey, probablemente no estaría cantando”

Sus primeros compromisos como cantante fueron a los 16 años, en clubes nocturnos, y en ello tuvo mucho que ver su abuelo, que creyó en el desde el principio, el fue quien le pagó sus primeras clases de canto y ofrecía sus servicios de fontanero a cambio de tiempo en el escenario para su nieto. Uno de sus profesores de canto fue el famoso baritono Joseph Shore.

Su abuelo fue quien le transmitió su fascinación  por el Jazz, creció escuchando su colección de discos y entre ellos sintió especial fascinación por el grupo Mills Brothers.

mills brothers

Mills Brothers cuarteto vocal de jazz y pop , activo entre 1928 y 1982 .

Bublé tiene un pequeño curriculum como actor de series de televisión, en 1996 apareció en el programa Death Game, y en dos capítulos de la exitosa serie The X-Files.

Desde 1997, Bublé aparece como invitado en el  programa de Vicki  Gabereau, siempe cantando en directo. En este programa tuvo la ocasión de cantar con Diana Krall, Jann Arden y Elvis Costello.

El año 2000 Bublé fue presentado al productor David Foster, ganador de varios premios Grammy con artistas como Madonna, Céline Dion, Barbra Streisand, o el mismísimo Michael Jackson.

En el año 2003, firma un contrato con 143 Records y lanza Michael Bublé, este fue el primer álbum de estudio del cantante, en el podemos hallar canciones de diversas épocas como Fever, For one in my life, o Moodance, incluye también la canción How can you mend a broken heart, con el mismísimo Barry Gigg haciéndole los coros. Paralelamente pone a la venta su primer disco en directo Come fly with me.

En febrero de 2005, lanza su segundo álbum de estudio It´s TimeContenía canciones como Can´t buy me love, Song for you, Quando, Quando, Quando (dueto con la cantante Nelly Furtado), y la canción original Home, co-escrita por Bublé, Alan Chang y Amy Foster. El álbum consiguió seis discos de platino en Canadá, cinco en Australia y tres en Estados Unidos. En el mismo año se edita una edición aspecial del álbum Michael Bublé, bajo el título de Michael Bublé (Xmas Edition).

Entre tanto aparece en varias películas The snow walker en 2003, también en un episodio de Days of our lives.  Y haciendo de sí mismo en otro episodio de Las Vegas.

Estuvo nominado dos veces para un Grammy en la categoría Mejor Album Tradicional de Pop en 2006 y 2007, pero perdió en ambos casos, ganandole Tony Bennett, del cual dice es mi ídolo musical y contar con su aprobación significa mucho para mí”

En 2007 puso a la venta  su tercer álbum de estudio con el sello 143 Records bajo el título de Call me irresponsible, este álbum contenia canciones como Always on my mind, Dream, o Comin´home Baby (dueto con Boyz II Men), llegando a número uno en su segunda semana, pocos artistas han logrado esto… el álbum vendió cerca de 2 millones de copias sólo en Estados Unidos, siendo el álbum mejor vendio internacionalmente en 2007. Call me irresponsible ha vendido más de 5 millones de copias en todo el mundo. En el disco figuran canciones ya miticas como Me and Mrs. Jones, un gran éxito de Billy Paul en 1972.

En junio de 2009, Bublé puso a la venta su tercer material en directo, Michael Bublé meets Madison Square Garden, ese mismo año lanza su cuarto disco Crazy Love, apareciendo anticipadamente en el Show de Oprah cantando el primer sencillo del álbum Haven´t met you yet. Contiene doce canciones, incluyendo dos canciones originales co-escritas por Bublé, la ya citada anteriormente y Hold on. La particularidad de este álbum es que todas las canciones fueron grabadas en vivo debido a que Bublé no quería sonar muy sobreproducido. Este disco tuvo su gira llamada Crazy Love Tour. Cry me a river, fue seleccionada como canción temática para la covertura de los juegos Olímpicos de invierno de 2010 en Vancouver.

En 2011 saca a la venta un disco de canciones Navideñas títulado genericamente Christmas, y en 2013 su disco To be Loved . El álbum fue precedido por el lanzamiento del primer sencillo, la composición original “It’s a Beatiful Day”.

Paralelamente a su actividad como cantante Michael Bublé, ha desarrollado una intensa actividad como actor, tanto en telefilms, como invitado en diversos shows de la televisión americana.

Bublé ha vendido más de treinta millones de discos a nivel mundial. Ha ganado varios Grammy, y ha colocado tres álbumes en el número uno consecutivamente en la lista Billboard.

Casado desde 2011 con la modelo y actriz Luisiana Lopilato, tienen un hijo Noah, nacido en 2013.

Bublé ha sido descrito como “heredero de Sinatra” por tener un estilo vocal similar al del cantante.

En el Catálogo de las Bibliotecas Municipales puedes consultar la disponibilidad de mucha de su discografía:

  • It´s time 
  • Michael Bublé 
  • Caught in the act 
  • Call me irresponsible 
  • The kings of swing 
  • Crazy love 
  • Sinatra Bublé Bennett 
  • To be loved 

Nuestro crooner seleccionado para la semana que viene, no es otro que el londinense Elvis Costello

 

 

 

Xa estamos de volta! Os Xoves na Sagrada

Cartel Xoves na Sagrada 2014

Chegou o momento. O inverno queda atrás –esperamos- e a primavera xorde con todo o seu esplendor e con ela a cita ineludible neste rincón atlántico que é o barrio da Sagrada: volven Os Xoves na Sagrada!

Un ano máis, e xa van catro, desvelamos por fin, o novo cartel de Os Xoves na Sagrada 2014: un xeito diferente de vivir a música en directo.

A experiencia iniciada en marzo de 2010 consolídase xa como un referente na escena musical da cidade, onde teñen acollida grupos tanto locais, como nacionais e mesmo doutros países. Vincúlanse deste xeito a literatura, a lectura e a música, nun único espazo –a biblioteca- que serve como punto de encontro. Unha maneira máis de achegar a cultura a este barrio coruñés.

Concertos entre libros, música e literatura… Outra xeito de disfrutar da biblioteca: os xoves cada dúas semanas na biblioteca municipal Sagrada Familia.

Abrimos o 24 de abril co concerto de Fran Pérez NARF

Narf

Nelson Quinteiro acompañaranos na segunda aventura musical deste ciclo, o 8 de maio, presentando o seu último disco Orquesta Gharbo!

Nelson Quinteiro

E como broche final, Chotokoeu, o 22 de maio.

Chotokoeu

Fin de festa e punto á parte. Ameazamos con volver logo do verán!! Seguiremos traballando para encher de música e lecturas o outono coruñento.