Lista Reprodución Fórum: ampliando sentidos

Este mes propoñémosvos unha Lista distinta, na que poderedes revivir actuacións ou mesmo visualizar algún documental de ABBA, Ainhoa Arteta, Chicago, Depeche Mode, Lou Reed ou The Who, entre outros.  E é que se vides a Biblioteca Fórum, en lugar dos habituais discos coa música, atoparedes DVD.

Iniciado en 1967, o Festival de Jazz de Montreux coumezou nos salóns do Casino desta cidade suiza. Nos anos 80 pasou a ser un evento musical de prestixio internacional e a día de hoxe séguese a celebrar fronte ao lago Lemán.

Ao longo dos anos, moitos artistas publicaron álbumes gravados en directo durante a súa participación no Festival. Tal é o caso de Emerson, Lake & Palmer, que actuaron no ano 1997. Desta banda británica formada nos anos 70 destacamos Lucky Man (1970). Un tema que apareceu no seu álbum debut, chamado como o grupo, e que Greg Lake escribiu aos 12 anos cando a súa nai lle mercou unha guitarra.

Marvin Gaye, un dos máis destacados intérpretes do Motown Sound,  iniciou o seu primeiro tour europeo en 1976. Son poucas as actuacións en vivo que se conservan do artista. Unha delas é a do Edenhalle Concert Hall de Amsterdam. Como mostra, o tema de 1964 How Sweet It Is (To Be Loved By you), que foi versionado por James Taylor en 1975.

No ano 2004 o grupo de heavy metal Metallica lanzou o seu documental Some Kind of Monster. Iniciado a modo de making of do disco St Anger (2003), rematou sendo moito máis, amosando as relacións persoais da banda, os problemas trala saída de Jason Newsted, a audición de Robert Trujillo, a loita cos procesos creativos, etc. Destacamos a canción que deu nome a este traballo, aparecida orixinalmente no seu oitavo álbum de estudio, e que atoparedes nos extras do disco.

Na sexta edición do desaparecido Iberojazz (2011), no que rendeuse homenaxe ao compositor estadounidense Irving Berlin. Nel combinábanse creacións musicais de artistas noveis cas dos grandes do jazz. Nesta ocasión a Big Band do Conservatorio Superior de Música da nosa cidade compartiu escenario co Saint Louis College of Music de Roma no denominado Galitalia Jazz Meeting, que serviu de broche de ouro. Para abrir boca deixámosvos con Onde están, interpretado pola que foi a primeira promoción de jazz de Galicia.

Aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo. Se queredes levar os DVD dos temas seleccionados atoparédelos na Biblioteca Fórum.

ABBA – I Have A Dream.   Ainhoa Arteta – La tarántula.  Ana Belén y Víctor Manuel – Contamíname.  Andrés Calamaro & Fito & Fitipaldis – Whiski barato.  Asia – Heat of the Moment.  Big Band CSM A Coruña – Onde están.  Boney M. – Rasputin.  Bruce Springsteen – Thunder Road.  Chicago – Hard to Say I’m Sorry.  David Bowie – Space Oddity.  Depeche Mode – Precious.  Dire Straits – Romeo and Juliet.  Emerson, Lake & Palmer – Lucky Man.  Eric Clapton – Sunshine Of Your Love.  Eurythmics – Sweet Dreams.  Lou Reed – Wild Side.  Madness – Our House.  Marvin Gaye – How Sweet It Is (To Be Loved By you).  Metallica – Some Kind of Monster.  Paul McCartney – Drive My Car.  Queen – Under Pressure. Simon & Garfunkel – Scarborough Fair.  Sinead O’Connor – Nothing Compares 2 U.  Status Quo – Roll Over Beethoven.  The Who – My Generation. U2 – Where the Streets Have No Name.